Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A resultas do trámite de información pública do expediente de reparcelación da unidade de actuación delimitada na rúa da Queimada (Mallou de Arriba) propóñense certas rectificacións no citado proxecto aprobado inicialmente.

Durante o prazo de quince días, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, os interesados poderán consulta-lo expediente no Negociado de Planeamento e Xestión e formular por escrito as observacións que coiden oportunas en relación coas rectificacións propostas.

Edicto.

De conformidade co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, este anuncio servirá de citación persoal en forma legal ós seguintes propietarios, ou a aqueles outros que resulten de identidade ou paradoiro descoñecidos:

-José Boo Barreiro.

-José Víctor García Suárez e María Dolores Ulla Otero.

-Manuel Iglesias Rial e María do Carme Vilacoba Corral.

Miguel Prieto Mascareñas.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1998.

O alcalde

Rubricado