Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión do día 26 de outubro de 1998, aprobou inicialmente un estudio de detalle na zona das vivendas unifamiliares da Choupana, formulado polos servicios técnicos municipais. O expediente exponse ó público no negociado de Planeamento e Xestión polo prazo

dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito do citado estudio de detalle, para os usos e obras que resultan incompatibles coa ordenación proxectada.

Contra a supensión de licencias, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xutiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O ámbito da actuación sitúase na marxe norte da estrada N-550 e comprende as edificacións delimitadas polas rúas de Víctor Núñez, Vázquez Cal, Varela Montes, Escultor Ferreiro, Pico Sacro, Matías Montero e 18 de Xullo.

Este anuncio servirá de citación en forma legal ós propietarios das vivendas comprendias no ámbito sinalado ó descoñecerse a súa identidade.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 1998.

O alcalde

Rubricado