Concurso aberto para a contratación do desenvolvemento do programa educativo Vigo por dentro.
1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación, Patrimonio e Contratación. Nº expediente 3809/332.
2. Obxecto do contrato. Descrición: servicio de desenvolvemento do programa educativo Vigo por dentro.
Lotes: non.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo do contrato: 4 anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base: 41.551.200 ptas. (249.727,74 euros).
5. Garantías. Provisional: 831.024 ptas. (4.994,55 euros).
Definitiva: 4% do prezo do contrato.
6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40. Correo electrónico: ofi.patmun*vigo.org.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: grupo III (servicios), subgrupo 8 (outros servicios), categoría c.
Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 17 da Lei 13/1995.
8. Presentación de ofertas. Prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.
Documentación: a esixida na cláusula 9 do prego de condicións.
Lugar de presentación: ver punto 6 do anuncio.
Prazo de obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo.
Data e hora: do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.
10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 9.4 do prego de condicións.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Vigo, 21 de xaneiro de 1999.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde