Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FISTERRA

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 3 de decembro de 1998 o Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Núcleo Histórico de Fisterra sométese a información pública polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa última publicación no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia, durante o que poderá ser examinado o expediente e formalizarse as reclamacións que se consideren oportunas.

Queda suspendida a concesión de licencias en todo o territorio obxecto de planeamento extinguíndose esta no prazo dun ano de acordo co disposto no

artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, de solo de Galicia.

Fisterra, 4 de decembro de 1998.

Ernesto Insua Olveira

Alcalde-presidente