Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

Ó abeiro do establecido no artigo 233 da Lei 5/1997 do 22 de xullo, mediante o presente anuncio procédese á publicación dun extracto do anuncio publicado no BOP de Pontevedra nº 238 do 11-12-1998:

Obxecto: contratación con carácter laboral e indefinido dun posto de coordinador de actividades deportivas.

Modalidade de selección: concurso-oposición libre.

Requisitos dos aspirantes: español ou cidadán da CE, maior de 18 anos, título de graduado escolar, bacharelato elemental ou título equivalente, non padecer enfermidade nin causa de incapacidade ou incompatibilidade, non estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas e ter ingresado na tesourería do concello a cantidade de 3.000 ptas.

Solicitudes e admisión: o prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir da publicación do anuncio desta convocatoria no BOE.

Lalín, 15 de decembro de 1998.

José Crespo Iglesias

Alcalde