Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

RESOLUCIÓN pola que se declara deserta a provisión de diversas prazas.

En virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente, e de conformidade coa proposta da

comisión de avaliación designada para avalia-lo concurso de méritos aberto entre funcionarios de tódalas administracións públicas para a provisión dunha praza de xefe de Sección de Obras Públicas e Servicios, e o concurso de méritos para a provisión interna dunha xefatura de Negociado de Persoal, unha xefatura de Negociado de Licencias de Apertura, unha xefatura de Sección Orzamentaria e unha xefatura de Sección de Atención Especializada, vacantes neste concello correspondentes á oferta de emprego de 1998,

RESOLVO:

Primeiro.-Declarar deserta a provisión das prazas seguintes:

Xefatura de Negociado de Persoal.

Xefatura de Negociado de Licencias de Apertura.

Xefatura de Sección Orzamentaria, e

Xefatura de Sección de Atención Especializada.

Segundo.-Nomear a Ricardo Cid Rey, con DNI nº 34.600.599-C, funcionario procedente da Xunta de Galicia, pertencente ó corpo facultativo de grao medio, grupo B, con destino actual no Instituto Galego da Vivenda e Solo da CPTOPV, Área Provincial da Coruña, como xefe de Sección de Obras Públicas e Servicios, con nivel de complemento de destino 24 e cun complemento específico 1.072.000 pesetas.

O prazo máximo para a toma de posesión no novo posto de traballo será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia do funcionario, ou dun mes se comporta cambio de residencia ou o reingreso no servicio activo.

O prazo da toma de posesión comezarase a contar partir do día seguinte ó do cesamento, que se efectuará dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación desta resolución no Boletín Oficial do Estado.

Culleredo, 28 de decembro de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde