Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 18 de decembro de 1998, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o estudio de detalle sobre parcelas do Plan Parcial Monte Devesa, o que se expón ó público en cumprimento do artigo 4.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no DOG, para que sexa coñecido por cantos poidan resultar afectados, por el, así como para que se poidan formular alegacións se se considera pertinente.

Brión, 29 de decembro de 1998.

José Luis García García

Alcalde