Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 1999 pola que se anuncia a adxudicación do contrato do servicio de vixilancia do edificio sede da institución para o ano 1999.

A Comisión de Goberno deste Consello, en sesión celebrada o día 30 de decembro de 1998, acordou adxudica-lo contrato do servicio de vixilancia da súa sede para o ano 1999 segundo o seguinte detalle:

1. Adxudicador.

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Órgano de adxudicación: Comisión de Goberno.

c) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servicios.

b) Obxecto: tarefas de vixilancia do edificio sede da institución durante 1999.

c) Diario Oficial de Galicia e data de publicación do anuncio de licitación: nº 200, do 15 de outubro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 8.100.000 ptas.

5. Adxudicación.

a) Data: 30-12-1998.

b) Contratista: Grupo Cetssa Seguridad, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 7.882.226 ptas

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 1999.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia