Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1998 pola que se anuncia a adxudicación do contrato do servicio de limpeza do edificio sede da institución para o ano 1999.

A Comisión de Goberno deste consello, en sesión celebrada o día 23 de decembro de 1998, e de conformidade coa proposta elevada para o efecto pola mesa de contratación, acordou adxudica-lo contrato do servicio de limpeza da súa sede para o ano 1999 segundo o seguinte detalle:

1. Adxudicador.

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Órgano de adxudicación: Comisión de Goberno.

c) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servicios.

b) Obxecto: tarefas de limpeza do edificio sede da institución durante 1999.

c) Diario Oficial de Galicia e data de publicación do anuncio de licitación: nº 200, do 15 de outubro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.775.000 ptas.

5. Adxudicación.

a) Data: 23-12-1998.

b) Contratista: Eulen, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 5.195.904 ptas.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1998.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia