Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1999 pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos administrativos de obra.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das admi

nistracións públicas, faise público que por resolucións do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), adoptadas en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foron adxudicados os seguintes contratos administrativos:

1. Título: reparacións varias no polígono de Monteporreiro. Fase I. Pontevedra. Expediente: PO-98/REP09.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Data resolución de adxudicación: 29-12-1998.

Adxudicatario: Construcciones Casas Novas, S.L.

Importe: 59.170.757 ptas. (IVE incluído).

2. Título: reparacións varias no grupo de 78 vivendas en Vilaboa. Culleredo. A Coruña. Expediente: C-98/REP10.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Data resolución de adxudicación: 30-12-1998.

Adxudicatario: Construcciones Cardeñoso, S.L.

Importe: 12.325.005 ptas. (IVE incluído).

3. Título: reparación de fachadas no grupo de 597 vivendas na UVA 6 do polígono de Caranza. 1ª Fase. Ferrol. Expediente: C-98/REP06.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Data resolución de adxudicación: 30-12-1998.

Adxudicatario: Imaga Proyectos y Construcciones, S.A.

Importe: 85.612.059 ptas. (IVE incluído).

4. Título: reparación de canles e testeiros das cubertas nº R.6.1. e R.6.2. no polígono das Fontiñas. Santiago de Compostela. Expediente: C-98/REP11.

Sistema de adxudicación: procedemento negociado sen publicidade.

Data resolución de adxudicación: 30-12-1998.

Adxudicatario: Ferrovial, S.A.

Importe: 17.863.980 ptas. (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1999.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo