Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos novos estatutos da Asociación Empresarial de Instaladores de Fontanería, Gas, Calefacción y Afines de la Provincia de A Coruña (Agasca).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, ás 11 horas do día 28 de decembro de 1998 foron depositados a acta de modificación e os novos estatutos da Asociación Empresarial de Instaladores de Fontanería, Gas, Calefacción y Afines de la Provincia de A Coruña (Agasca).

A modificación consiste nos artigos 13, 18, 22, 24, 26, 35, 38, 39, 41 e 46.

Asinan a acta de modificación e os novos estatutos Miguel Castrillón Fagil (presidente) e José Blanco Cubeiro (secretario).

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 28 de decembro de 1998.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña