Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 9 decembro de 1998, do Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa (Pontevedra), pola que se fai pública unha notificación do acordo de resolución de reclamación.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27), notifícaselle á persoa que se cita a continuación:

Israel Taboada Vázquez, DNI: 36.121.869-R, Rúa Ponte da Veiga, nº 16-5º A, 36210 Vigo.

Acordo da comisión cualificadora pola que se desestima a súa reclamación contra a lista de admitidos para o ingreso no Igafa (Instituto Galego de Formación en Acuicultura) da Illa de Arousa, para o curso académico 1998-1999.

O dito interesado dispón dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para poder examina-lo seu expediente no Igafa (Instituto Galego de Formacción en Acuicultura) da Illa de Arousa (Pontevedra).

Contra este acordo poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no prazo dun mes contado desde a notificación do presente acordo.

A Illa de Arousa, 9 de decembro de 1998.

Juan José Álvarez Pérez

Presidente da comisión cualificadora