Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 12 de xaneiro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio dun parque de cultivo situado no tramo da costa W da enseada da Caleira, próximo á súa boca e a uns 150 metros da punta de Sismundi-Ortigueira, a prol de Mariscos del Ortegal, S.L.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para os efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31), e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Tipo de establecemento: parque de cultivo.

Cultivo: ameixa fina (Ruditapes decussata), ameixa babosa (Venerupis pullastra) e ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum).

Localización: tramo da costa W da enseada da Caleira, próximo á súa boca e a uns 150 metros da punta de Sismundi-Ortigueira.

Data da concesión: 15-11-1958 (BOE nº 299).

Data de finalización da última prórroga: 18-2-2005.

Anterior concesionario: Leonardo Rodríguez Pérez.

Novo titular da concesión e parque de cultivo: Mariscos del Ortegal, S.L. (CIF B-15593148).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 12 de xaneiro de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña