Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1999 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Cibeles, S.A., sita na rúa Santiago de Chile, 30, de Santiago de Compostela.

Visto o expediente instruído por instancia de José Herranz Redondo, na súa calidade de representante da sociedade Viajes Cibeles, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Santiago de Compostela, na rúa Santiago de Chile, 30, da axencia de viaxes Viajes Cibeles, S.A., do grupo por xunto-a retallo, co código identificativo CIC MA nº 298, que ten a súa casa central na rúa Ayala, 146 de Madrid.

Resultando que o interesado, xunto coa solicitude, entregou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que, na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, a Dirección Xeral do Turismo

RESOLVE:

Autoriza-la axencia de viaxes Viajes Cibeles, S.A., sita na rúa Ayala, 146 de Madrid, da que é titular a entidade mercantil Viajes Cibeles, S.A., a apertura dun novo establecemento na rúa Santiago de Chile, 30, de Santiago de Compostela, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo