Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresarios de Hostelería del Barbanza (Ehba).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.) desta delegación provincial, foron depositados ás 11 horas do día 30 de decembro de 1998 a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios de Hostelería del Barbanza (Ehba), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: comarcal.

Profesional: empresarios do sector de hostalería que voluntariamente o soliciten e exerzan a súa profesión na comarca do Barbanza.

Asinan a acta de constitución Jesús Santamaría Somoza e cinco persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 30 de decembro de 1998.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña