Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.115

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, polo que se fai pública a data na que se expoñerá ó público a relación de aspirantes excluídos e admitidos coas puntuacións e a orde de prelación obtida, correspondente ó proceso de selección de catro prazas do Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais.

A devandita relación será exposta o día 8 de febreiro de 1999 nos taboleiros de anuncios das xerencias das institucións sanitarias do Sergas, da Secretaría Xeral do Sergas, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, das direccións provinciais do Sergas e da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Os aspirantes interesados poderán formular no prazo de dez días, a partir do seguinte á devandita data, reclamación ante a División de Recursos Humanos.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos