Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.115

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1999, dos tribunais números 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG número 12, do 20 de xaneiro de 1998), sobre o anuncio da data, a hora e o lugar de celebración do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión conxunta celebrada o día 28 de xaneiro de 1999 os tribunais números 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997, acordaron, de conformidade co disposto nas bases II.3.3 e II.3.4 da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición se celebre o día 10 de febreiro de 1999, ás 17 horas na Escola Gallega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, en chamamento único. As portas de acceso ó lugar para realización do exame abriranse ás 16.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI e bolígrafo ou pluma estilográfica.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 1999.

Jaime Bozuada Romero

Presidente do tribunal nº 1

José Fernández Vázquez

Presidente do tribunal nº 2

Domingo Bello Janeiro

Presidente do tribunal nº 3