Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.114

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1999, dos tribunais números 1 e 2 designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado por Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG número 10, do 16 de xaneiro) polo que se publican diversos acordos destes tribunais adoptados na referida data.

En sesión ordinaria celebrada o día 25 de xaneiro de 1999, os tribunais número 1 e 2 adoptaron os seguintes acordos:

1º Detectado erro nunha pregunta do cuestionario do exercicio tipo test da fase de oposición que podería condicionar de maneira importante a contestación daquela, e para garantir que na citada proba debe, en todo caso, que se poñan de manifesto as condicións de coñecemento e aptitude dos aspirantes, como esixe a normativa vixente, os ditos tribunais acordan declarar nula e ter como non posta a pregunta 27 do cuestionario I.

2º En consecuencia quedan sen efecto as puntuacións do primeiro exercicio publicadas nos lugares de costume con data 14 de xaneiro de 1999.

3º Publica-las novas puntuacións correspondentes ó primeiro exercicio da fase da oposición nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Admón. Pública, nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e no mercado de gando de Amio en Santiago de Compostela.

4º Así mesmo queda sen efecto a data da celebración do segundo exercicio adoptada por acordo con data do 13 de xaneiro de 1999, e publicada no DOG con data do 19 de xaneiro de 1999.

5º Sinálase como nova data de celebración do segundo exercicio a de 22 de febreiro de 1999, ás 8.30 horas na Escola Galega de Administración Pública, s/n, en Santiago de Compostela, en chamamento único. As portas de acceso ó lugar para a realización do exame abriranse ás 8 horas.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 1999.

Joaquín López-Rúa SolerJavier Suárez García

Presidente do TribunalPresidente do Tribunal

número 1número 2