Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.114

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1999, do tribunal V-1B designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 11 limpadora e outras do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocada pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se anuncia a puntuación definitiva da fase de concurso.

De conformidade coa base II.1.4 da Orde do 2 de decembro de 1996, pola que se convoca proceso selectivo para o acceso ó grupo V, categoría 11 (limpador/a e outras), anúnciase que están expostas nos taboleiros de anuncios da Cosellería da Presidencia

e Administración Pública, así como nas súas delegacións provinciais, as listas coa puntuación definitiva dos aspirantes correspondentes á fase de concurso da categoría sinalada.

A publicación desta lista serve de notificación ós interesados, para tódolos efectos.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1999.

Javier Bouzada Romero

Presidente do tribunal