Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.115

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1999 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 98/052 de titular de escola universitaria convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez disgnado o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 98/052 convocado por Resolución do 5 de xuño de 1998 (BOE do 29 de xuño), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 11 de xaneiro de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: historia contemporánea.

Praza nº: 98/052.

Comisión titular:

Presidente: Villares Paz, Ramón, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Serrano García, Rafael, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Valladolid.

Vocais:

Monlleo Peris, Rosa, catedrática de escola universitaria. Universitat Jaume I, Castellón.

Gonzalo Gozalo, Ángel, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Burgos.

Morcillo Rosillo, Matilde, profesora titular de escola universitaria. Universidade Castellano-Manchega.

Comisión suplente:

Presidente: González Beramendi, Xusto, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario, Aizpuru Murua, Mikel, profesor titular de escola universitaria. Universidade Autónoma do País Vasco.

Vocais:

Sebastia Domingo, Enrique, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valencia (Estudi General).

Alquezar Aliana, Ramón, profesor titular de escola universitaria. Universidade Autónoma de Barcelona.

García García, Cristobal, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Huelva.