Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO do XV Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol.

1. O Concello de Ferrol (Galicia-España) organiza e patrocina xunto con outras entidades o XV Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol, e convoca a súa edición en Ferrol durante os días 16, 17, 18, 19, 20 e 21 de maio de 1999.

2. Atópanse en trámite a colaboración neste concurso de: Deputación Provincial da Coruña, Cámara de Comercio de Ferrol, Fundación Caixa Galicia, Música en Compostela, Concurso Internacional de Guitarra F. Tarrega, Orquesta Sinfónica de Galicia, Concurso Internacional de Porto (Portugal), Fundación Hazen (Madrid) e Orquestra Clássica do Porto (Portugal).

3. Poderán tomar parte neste concurso os pianista de calquera nacionalidade sempre que non teñan cumpridos os 30 anos o día 21 de maio de 1999, da data na que se celebrará a final do concurso.

Bases do concurso

1. O prazo de admisión de solicitudes iniciarase unha vez publicadas no DOG e rematará o día 20 de abril de 1999. As solicitudes remitiranse xunto coa seguinte documentación:

a) Partida de nacemento ou documento oficial substitutivo no que conste a idade e a nacionalidade do candidato.

b) Catro fotografías recentes tipo pasaporte e outra de 9 x 12 cm.

c) Currículum vitae incluíndo títulos académicos e datos relativos á actividade musical do participante (premios, críticas, discos, etc.).

d) Os intérpretes porán á disposición do xurado as partituras das obras que interpretarán.

2. Un comité examinará tódolos expedientes recibidos e decidirá sobre a admisión, unicamente condicionada ó cumprimento dos requisitos establecidos nas bases, comunicándolle a súa resolución a tódolos interesados coa antelación dabondo.

3. Recibida a confirmación, o concursante debe remiti-la cantidade de 10.000 pesetas en concepto de dereitos de inscrición, e deberá face-lo ingreso na conta número 0/0022/4000/00099/8 do Banco Mapfre de Ferrol (Galicia-España).

4. Non poderán concursa-los intérpretes que en anteriores edicións obtivesen o primeiro premio.

Probas

1. O XV Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol constará de tres probas: eliminatoria, semifinal e final.

Fase eliminatoria:

-J.S. Bach. Un preludio e fuga do «Clave ben temperado».

-Dous estudios: un de F. Chopin e outro a elixir entre os de F. Liszt, S. Rachmaninof, A Scriabin ou C. Debussy.

-Obra obrigada: C. Debussy; L'ile joyeuse.

Semifinal:

-Un recital de 50 minutos máximo con obras de libra elección, incluíndo:

Unha sonata clásica.

Unha obra española.

Unha obra ou máis de libre elección (non se repetirá ningunha obra interpretada na proba eliminatoria).

Final:

-Un concerto para piano e orquestra que se elixirá entre:

Beethoven: Concerto nº 4 Op. 58 en Sol M.

Beethoven: Concerto nº 5 Op. 73 (Emperador).

Mozart: Concerto nº 20 Kv 466 en Re menor.

Mozart: Concerto nº 17 Kv 543.

F. Chopin: Concerto nº 2 Op. 21 en Fa menor.

E. Grieg: Concerto en La menor.

S. Rachmaninov: Concerto nº 2.

P. Tchaikkowsky: Concerto nº 1.

Normas xerais

1. Toda a documentación remitirase a:

Secretaría do Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol.

Negociado de Cultura do Concello de Ferrol.

Plaza de Armas s/n.

15402 Ferrol.

España.

Teléfono e fax: 981 33 67 30.

2. A orde de actuación dos concursantes establecerase mediante sorteo, presidindo o acto o presidente da comisión organizadora.

3. Os concursantes presentaranse as 9 horas do día 16 de maio de 1999 no Centro Cultural Municipal, rúa Concepción Arenal s/n para coñece-la súa quenda de participación e os horarios para utiliza-los pianos do estudio. A proba eliminatoria comezará ás 12 horas do mesmo día.

4. Os participantes acreditarán a súa identificación documentalmente no momento de face-la súa presentación.

5. Calquera dos premios que figuran nas presentes bases poden non ser adxudicados se, a xúizo do xurado, os participantes non acadaran o nivel requirido. Non se poderá outorgar ningún premio «ex aequo».

6. A organización reserva para si a facultade de gravar en audio ou vídeo e emitir por TV as diferentes probas do concurso, quedando na súa propiedade, para tódolos efectos, a documentación emitida sen que os concursantes reciban ningún tipo de honorarios.

7. Os participantes na final e semifinal recibirán un diploma.

8. A inscripción no concurso implica a total aceptación das presente bases e das decisión que finalmente adopte o xurado.

9. En caso de dúbida, corresponderá ó xurado a interpretación das presentes bases.

10. O nomeamento do xurado correspóndelle ó Concello de Ferrol e estará formado por prestixiosos músicos españois e estranxeiros.

11. O alcalde-presidente do Concello de Ferrol queda facultado para a adaptación destas bases ás necesidades de organización, sen que en ningún caso tales adaptacións poidan supor modificación substancial do seu contido.

Premios

Primeiro premio Cidade de Ferrol.

-1.300.000 (un millón trescentas mil pesetas), impostos incluídos.

-Dous concertos coa Orquestra Sinfónica de Galicia.

-Dous concertos coa Orquestra Clássica de Porto.

-Unha bolsa de estudios para Música en Compostela.

-Un recital en Portugal patrocinado polo Concurso Internacional de Piano Cidade de Porto.

Segundo premio J. Arriola.

-650.000 (seiscentas cincuenta mil pesetas), impostos incluídos. Patrocinado por Caixa Galicia.

-Dous recitais de piano patrocinados pola Fundación Caixa Galicia.

-Unha bolsa de estudios para Música en Compostela.

Terceiro premio Xoán Viaño.

-300.000 (trescentas mil pesetas).

-Unha bolsa de estudios para Música en Compostela.

Dous premios Gregorio Baudot de 300.000 ptas. (trescentas mil pesetas) ós mellores intérpretes (nacional e estranxeiro) nacidos a partir do 1 de xaneiro de 1978 e que participasen na semifinal.

Premio Fundación Hazen de 300.000 ptas. (trescentas mil pesetas) ó mellor intérprete de música española.

Premio especial do público: o Concello de Ferrol ofrécelle unha peza de ourivería ó gañador do premio designado polo público mediante votación.

Juan Blanco Rouco

Alcalde