Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Corporación Municipal en sesión ordinaria do 3 de decembro de 1998 aprobou as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade polo procedemento de oposición libre, de dúas prazas de policía local e unha praza de oficial albanel, incluídas na oferta de emprego público para 1998, sendo o seu texto o seguinte:

Bases para a provisión en propiedade

polo procedemento de oposición libre, de dúas

prazas de policía local, incluídas na oferta

de emprego público para 1998

1. Obxecto da convoctoria.

A provisión, polo procedemento de oposición libre, de dúas prazas de policía local, incluídas na oferta de emprego público para 1998, e encadrada na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local e categoría policía local, dotada coas retribucións correspondentes ó grupo D, do artigo 25 da Lei 30/1984, e demais emolumentos acordados por esta corporación e concretados na correspondente relación orzamentaria.

A idade de xubilación será ós 65 anos.

Esta convocatoria adáptase á normativa da Lei 30/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, e da Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, e ó Decreto 121/1995, do 20 de abril, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Os aspirantes propostos por supera-las probas selectivas e despois de cumpri-los requisitos formais establecidos nesta convocatoria serán nomeados funcionarios en prácticas, e para efectua-lo seu nomeamento como policía local en propiedade será requisito indispensable a superación dun curso selectivo de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

2. Condicións dos aspirantes.

Para participar nas probas selectivas, os aspirantes terán que reuni-las seguintes condicións:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non pasa-la idade de 30 anos o día que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

d) Ter unha estatura mínima de 1,70 metros os sspirantes homes e de 1,65 metros as mulleres.

e) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o exercicio das funcións da policía local.

f) Non ter sido arredado mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, comunidades autónomas ou Administración local, sin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

g) Estar en posesión dos permisos de conducir clase A e B (Bh. de SP.PM 3.500 kg).

h) Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico, no que se faga constar que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización das probas físicas que figuran especificadas nesta convocatoria.

i) Compromiso de portar armas e, se fose o caso, de chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada e por escrito.

Tódolos requitos deberán ser referidos á data na que expire o prazo de presentación de solicitudes.

3. Presentación de instancias.

As instancias para tomar parte na oposición serán dirixidas ó alcale-presidente da corporación, facendo constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base anterior, e presentaranse no prazo dos vinte días naturais a partir do seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no BOE, sendo admitidas igualmente as presentadas con anterioridade ó prazo antes indicado, unha vez publicada a convocatoria no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

As instancias presentaranse directamente no rexistro xeral da corporación ou a través do procedemento establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ás instancias solicitando tomar parte na oposición, unirase a seguinte documentación, de conformidade co artigo 24 da Lei 30/1992, do 23 de marzo:

a) Fotocopia do DNI.

b) Fotocopia dos permisos de conducir.

c) Certificado médico de aptitude física, letra h) da base 2ª.

d) Xustificante de ter aboados os dereitos de exame, que se fixa en 2.500 pesetas, agás os solicitantes

en paro que estarán exentos logo de xustificación mediante certificación expedida pola oficina de emprego conforme non perciben ningún tipo de prestación.

4. Admisión de aspirantes.

Expirado o prazo de presentación de instancias, o presidente da corporación dictará resolución pola que se aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que será publicada no BOP e no taboleiro de edictos da casa do concello, concedéndose un prazo de dez días para reclamacións.

Estas reclamacións, se as houber, serán resoltas polo órgano que aprobou a lista provisional, aprobándoas ou rexeitándoas e aprobando a lista definitiva, que será publicada na mesma forma que a provisional. Nesta mesma resolución incluirase a composición do tribunal e a hora de comezo dos exercicios.

5. Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgará as probas de que consta a oposición estará constituído de acordo, fundamentalmente, co Decreto 121/1995, do 20 de abril, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, sendo a súa composición a seguinte:

-Presidente: o da corporación ou membro desta en quen delegue.

-Secretario: o da corporación ou funcionario desta en quen delegue.

-Vocais:

Un representante da Xunta de Galicia, designado de acordo Decreto 121/1995.

Un representante da Xefatura Provincial de Tráfico.

Un representante do profesorado oficial.

O secretario do concello ou funcionario en quen delegue.

Un representante dos traballadores.

Un representante de cada grupo político municipal.

A composición do tribunal farase pública no BOP, e contra os nomeados poderán os aspirantes facer uso do dereito de recusación cando concorran as circunstancias determinadas na lei.

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá consituirse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do presidente e o secretario, ou persoas nas que delegue.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Tamén poderá disporse a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios, que estimen pertinentes, limitándose os aserores a presta-la colaboración nas súas especialidades técnicas.

6. Comezo e desenvolvemento dos exercicios.

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada a presente convocatoria no BOP, anunciando quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio, no mesmo medio, o día, hora e local no que terá lugar. Este anuncio poderá ser substituído por citación persoal ós aspirantes, debendo constar no expediente a xustificación de que se recibiu a notificación. A convocatoria para os seguintes exercicios será efectuada no taboleiro de edictos da casa do concello, debendo transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a celebración dun exercicio e o comezo do seguinte. Os opositores serán convocados para cada exercicio en chamamento único, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. Acreditarán a súa persoalidade coa exhibición do DNI.

7. Exercicios da oposición.

A oposición comporase dos seguintes exercicios:

Primeiro exercicio:

Antes de iniciarse este, procederase a medi-los aspirantes para comprobar que teñen a estatura mínima esixida. Así mesmo procederase a realiza-la proba psicolóxica, que estará dirixida a determina-la aptitude psicolóxica e adecuación á función policial que se vai desempeñar. Esta proba calificarase como apto ou non apto. A declaración de non apto nesta proba suporá que o aspirante quedará eliminado, non podendo continuar coa práctica das restantes probas.

No suposto de que as probas do primeiro exercicio fosen sinaladas todas para a mesma data, a proba de aptitude psicolóxica será a primeira e tódalas restantes celebraranse condicionadas a supera-la proba psicolóxica, e no suposto de non ser declarado apto algún aspirante, considerarase que non foron realizadas as seguintes probas e será declarado non apto na cualificación do exercicio.

Este primeiro exercicio é de carácter obrigatorio e consistirá na realización das seguintes probas físicas:

a) Gabear unha corda de 4 m estilo libre. Daranse dúas oportunidades para esta proba.

b) Carreira de 1.000 metros lisos nun tempo máximo de 3 minutos e 50 segundos para os aspirantes masculinos e de 4 minutos 10 segundos para as aspirantes femininas.

c) Proba de natación de 50 metros estilo libre nun tempo máximo de 55 segundos para os aspirantes masculinos e de 1 minutos para as aspirantes femininas.

Para seren admitidos á realización deste exercicio, os aspirantes terán de presentar coa solicitude para tomar parte na oposición, un certificado médico acreditativo de que reúnen as condicións físicas necesarias. Así mesmo, terán que ser declarados aptos na proba psicotécnica que se realizará antes do comezo do exercicio.

A cualificación deste exercicio será a de apto ou non apto, sendo preciso superar todas e cada unha das probas físicas. A cualificacion de non apto, en calquera das probas físicas, elimina o opositor para continua-los exercicios sucesivos da oposición.

Segundo exercicio:

De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 60 preguntas con respostas alternativas referente ó contido do programa que figura como anexo desta convocatoria, nun tempo máximo de 45 minutos. Esta proba puntuará cun máximo de 10 puntos, sendo eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos. Cada pregunta mal contestada será penalizada con cero coma dez (0,10) puntos e cada pregunta que se deixe sen contestar penalizarase con cero coma cero cinco (0,05)puntos. Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo de 60% de respostas correctas.

Terceiro exercicio:

De carácter obrigatorio e escrito, está dividido en dúas partes, da forma seguinte:

1ª parte: consistirá en contestar un cuestionario de 40 preguntas con respostas alternativas sobre coñecementos do termo municipal de Fene e en especial de xeografía, demografía, entidades, división electoral, administrativa, urbanismo, ordenanzas, etc. Esta proba puntuará cun máximo de 7 puntos. Cada pregunta mal contestada será penalizada con cero coma dez (0,10) puntos e cada pregunta que se deixe sen contestar penalizarase con cero coma cero cinco (0,05) puntos.

Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60% de respostas correctas e acadar unha puntuación mínima de cinco puntos para superalo.

2ª parte: consistirá en localizar sobre un mapa do termo municipal, sen indicativos, as entidades de poboación, rúas, edificios públicos, etc., que fixe o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de 3 puntos.

para a celebración deste exercicio físase como tempo máximo para a súa resolución 60 minutos en total.

Cuarto exercicio:

De carácter obrigatorio e escrito, consistirá en desenvolver un parte por escrito, dun suposto práctico, relativo ás funcións da policía local, que determine o tribunal, nun tempo máximo dunha hora. Este exercicio será calificado ata un máximo de dez puntos, sendo eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos.

Quinto exercicio:

De carácter obrigatorio, non eliminatorio e escrito sobre coñecemento do idioma galego, no nivel de perfeccionamento, consistente en traducir para o galego un texto que facilitará o tribunal en castelán, un tempo máximo de trinta minutos e será cualificado ata un máximo de sete puntos. A puntuación deste exercicio sumarase á obtida no resto das probas.

8. Cualificación dos exercicios.

As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada exercicio publicaranse no mesmo día en que se acorden, no taboleiro de edictos da corporación.

A cualificación final e a orde de cualificación dos aspirantes aprobados virá dado pola suma das puntuacións obtidas no conxunto das probas.

9. Relación de aprobados, presentación de documentación e nomeamento.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados, por orde de puntuación, que de acordo co establecio na vixente lexislación, non poderá excede-lo número de prazas convocadas, que neste caso é de dúas, e remitirá a proposta de nomeamento xuntamente coa acta da última sesión ó presidente da corporación a quen compete face-lo nomeamento correspondente.

No prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación da lista de aprobados, estos deberán presentar no rexistro da corporación os seguintes documentos e que non presentaran coa solicitude.

a) Copia autenticada do DNI.

b) Copia autenticada do certificado de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

c) Declaración xurada de non ter sido arredado, mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

d) Declaración xurada de non estar in curso en causa de incapacidade ou incompatibilidade.

e) Certificaicón acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función, expedido pola Xefatura Provincial de Sanidade.

f) Fotocopia debidamente autenticada do permiso de conducir, clases A e B.

Os que tiveran a condición de funcionarios públicos, estarán exentos de xustifica-las condicións e requisitos xa acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar unicamente cerificado da Administración pública da que dependa, que acredita a súa condición e os documentos non presentados para o su anterior nomeamento.

Cumpridos os requisitos anteriores, o presidente da corporación fará o nomeamento dos aspirantes propostos como policías locais en practicas, debendo tomar posesión do cargo no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó que lles sexa notificado o nomeamento, quedando, noutro caso, en situación de cesante e anuladas tódalas súas actuacións, debendo superar un curso teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade antes do seu nomeamento definitivo como funcionario de carreira. Os que non superen este curso en dúas convocatorias consecutivas como máximo perdarán tódolos dereitos a esta praza.

10. Incidencias.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición en todo o non previsto nas bases.

11. Base derradeira.

A presente convocatoria e tódolos actos administrativos que dela se deriven poderán ser impugnados polos interesados na forma establecida na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Programa do segundo e terceiro exercicios.

Tema 1. A Constitución de 1978. Liñas xerais.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3. Organización territorial do Estado. Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 4. O municipio, organización e competencias. Órganos de Goberno. Comisións Informativas.

Tema 5. O Concello Pleno. Integración e funcións. Comisións de Goberno. Comisións Informativas.

Tema 6. A función pública local e a súa organización. Clases de funcionarios. Funcionarios de carreira. O persoal da policía local.

Tema 7. Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, Decreto 83/1996, do 29 de febreiro.

Tema 8. Lei orgánica 13/1986, de forzas e corpos de seguridade con especial referencia á policía local e xuntas locais de Seguridade.

Tema 9. Lei 1/1992, de protección da seguridade cidadá, ideas xerais.

Tema 10. A policía local como policía xudicial.

Tema 11. Ordenanza de xestión de residuos sólidos do concello de Fene.

Tema 12. Ordenanza de masas forestais e de protección dos animais do concello de Fene.

Tema 13. Termo municipal de Fene. Situación xeográfica, división administrativa, electoral.

Tema 14. Dereito penal. Delictos e faltas e persoas responsables deles.

Tema 15. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Atenuantes, agravantes, eximentes e mixtas.

Tema 16. Dos atentados contra a autoridade e os seus axentes, da resistencia e desobediencia, Inxurias e ameazas.

Tema 17. Delictos relacionados co uso de vehículos a motor.

Tema 18. Delictos contra a propiedade. Estudio do roubo e do furto.

Tema 19. Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial. Obxecto da lei e ámbito de aplicación. Atribucións dos concello. Órganos competentes.

Tema 20. Lei sobre tráfico. Circulación de vehículos a motor e seguridade vial. Parada e estacionamento, infraccións e sancións.

Tema 21. Elementos que interveñen na circulación. Ideas xerais.

Tema 22. Accidentes de tráfico, concepto e clases. Investigación de accidentes. Confección de atestados.

Tema 23. Sinais de circulación, preeminencia, clasificación.

Tema 24. Regulamento e procedemento sancionador en materia de tráfico.

Tema 25. Casos nos que os vehículos poderán ser retirados das vías públicas, inmobilizacións. Casos nos que os usuarios poderán ser sometidos ás probas de determinación alcohólica.

Bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade polo sistema de oposición libre dunha praza de oficial albanel vacante no cadro deste

concello e incluída na oferta de emprego público

de 1998

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria, a provisión en propiedade, mediante oposición libre dunha praza de oficial albanel, encadrada no grupo D, escala de Aministración xeral, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, e incluída na oferta pública de emprego de 1998.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto delas no BOE. Os anuncios sucesivos só se publicarán no primeiro dos boletíns citados, e no taboleiro de edictos.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.

Os aspirantes para tomar parte na oposición libre deberán reuni-los requisitos seguintes, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

a) Ser de nacionalidade española.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade ou te-la idade que a convocatoria estableza como mínimo antes de que finalice o prazo de presentación de instancias, e non excede-la idade establecida como máxima para o ingreso no corpo ou escala.

c) Posuí-lo título de graduado escolar ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.

e) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, polo menos, ata a data do nomeamento.

Terceira.-Presentación de instancias e dereitos de exame.

As instancias nas que se solicita tomar parte na oposición libre, nas que os aspirantes manifestarán expresamente que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, dirixiranse ó alcalde-presidente e presentaranse no rexistro xeral do concello, durante o prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

Os dereitos de exame fíxanse na contía de 2.500 ptas., agás os solicitantes en paro que estarán exentos logo de xustificación mediante certificación expedida pola oficina de emprego conforme non perciben ningún tipo de prestación, e terán de presentar xunto coa instancia a carta de pagamento acreditativa de que ingresaron esa cantidade na Tesourería Municipal do concello.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos e excluídos cos motivos da exclusión, e a designación do tribunal cualificador que se publicará no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, concedéndose un prazo de 10 días para emenda polos aspirantes excluídos, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da devandita resolución no BOP será determinante, así mesmo, para efectos de posible impugnación e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.

A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbes; no caso contrario exporase de novo a lista definitiva, na mesma forma cá anterior.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgará as probas de que conste a oposición, estará constituído do seguinte xeito:

Presidente: o alcalde-presidente do concello, ou membro da corporación en quen delegue.

Secretario: o do concello ou funcionario en quen delegue.

Vocais:

Un representante da Xunta de Galicia.

O enxeñeiro municipal.

O secretario do concello.

Un representante da xunta de persoal.

O encargado da brigada de obras do concello.

Un representante de cada grupo político municipal.

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do presidente e o secretario, ou persoas nas que deleguen.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorra calquera desas circunstancias.

Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para asprobas en que así o coiden necesario ou conveniente. Os ditos asesores limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, de acordo exclusivamente coas cales colaborarán co respectivo tribunal.

A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no BOP, así como no taboleiro de edictos da corporación.

Sexta.-Sistema de selección: oposición libre.

O procedemento de selección dos aspirantes consistirá nas seguintes fases:

Primeiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio, constará de dúas probas:

Proba a) Consistirá unha ou varias probas obxectivas de carácter manual, a libre elección do tribunal, entre os cometidos propios do oficio e no tempo que fixe o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de 7 puntos.

Proba b) Consistirá nunha proba de carácter numérico (medicións, petición de material, etc.), a libre elección do tribunal e sobre cometidos propios do oficio, no tempo que fixe o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de 3 puntos.

Segundo exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en dúas probas:

a) Redacción, en galego, dun parte de carácter administrativo, segundo as condicións e o tempo que fixe o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de cinco puntos.

b) Consistirá en resolver dous problemas propostos polo tribunal sobre as catro regras aritméticas, no tempo que fixe igualmente o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de cinco puntos.

Terceiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en desenvolver por escrito, no tempo máximo dunha hora un tema do programa achegado ás presentes bases (anexo I), que será elixido polos aspirantes de entre catro sacados ó chou.

Os tres exercicios da oposición serán eliminatorios e cualificados ata un máximo de dez puntos cada un deles, sendo necesario acadar un mínimo de cinco puntos para superalos. O número de puntos que poderá outorgar cada membro do tribunal será de 0 a 10 puntos e a cualificación de cada aspirante será o cociente de dividir polo número de compoñentes do tribunal a suma dos puntos.

A cualificación definitiva da oposición será o resultado da suma das puntuacións obtidas polos aspirantes en cada un dos exercicios da oposición, e será a que servirá para elabora-la relación de aprobados por orde de puntuación.

O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas.

Sétima.-Comezo das probas.

A data, hora e lugar de comezo do primeiro exercicio anunciarase con quince días de antelación, cando menos no BOP, e non poderá comezar sen que transcorran dous meses como mínimo desde a publicación da convocatoria.

A data de realización dos demais exercicios publicarase unicamente no taboleiro de edictos do concello.

A orde de actuación dos opositores, nas probas que non sexan conxuntas, comezará pola letra S. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, sendo excluídos os que non comparezan, agás os casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á realización do exercicio e, de ser apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o aspirante interesado.

Oitava.-Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.

Rematadas as probas e efectuadas as cualificacións, o tribunal publicará a lista de aprobados que non poderá ser superior ó número de prazas convocadas e elevará esta relación á Presidencia da Corporación para que formule a correspondente proposta de nomeamento.

O opositor proposto presentará na secretaría do concello, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte na oposición se esixen na base segunda, e que son:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa).

2. Copia auténtica ou fotocopia (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título de graduado escolar ou equivalente.

3. Declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incapacidade ou inhabilitación para o exercicio de funcións públicas, así como non ter sido separados mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

4. Certificado de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da función.

5. Os que tivesen a condición de funcionarios estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración á que pertenza.

Dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, os opositores propostos que non presenten

a súa documentación ou non reuniran os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puideran incorrer por falsidade.

No prazo dun mes, contado desde a notificación do nomeamento, os aspirantes nomeados deberán tomar posesión do seu cargo, prestando xuramento ou promesa de conformidade co disposto no R.D. 707/1979, do 5 de abril, quedando en situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixesen dentro do prazo sinalado.

Novena.-Resolución de dúbidas.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición. En todo o non previsto nestas bases, rexerá como supletorio, o R.D. 364/1995, do 19 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional; R.D. 896/1991, do 7 de xuño, e demais normas aplicables.

Décima.-Impugnación da convocatoria e dos seus actos.

A presente convocatoria e as súas bases poderán recorrerse mediante a interposición do oportuno recurso. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO I

PROGRAMA

1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Estructura e contido.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas.

3. A organización territorial do Estado español. Diferentes tipos de Administración: central, autonómica, local e institucional.

4. O Estatuto de autonomía de Galicia. O Parlamento de Galicia.

5. O municipio. O termo municipal e a poboación.

6. A organización municipal e as competencias dos seus órganos.

7. A función pública local: a súa organización e réxime xurídico. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.

8. Funcionarios públicos: situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario.

9. O municipio de Fene. Límites. Poboación. Situación das parroquias e principais núcleos de poboación.

10. Localización dos lugares do concello de Fene. Localización dos edificios destinados a servicios públicos e funcións que se levan a cabo neles.

Estas bases permanecerán expostas ó público na secretaría do concello por espacio de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, para os efectos de reclamacións.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 9 de decembro de 1998.

Xosé María Rivera Arnoso

Alcalde