Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de xaneiro de 1999, da área provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, por resultar descoñecido o seu domicilio, proposta do expediente sancionador VP-C 8/98.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados as propostas dos correspondentes expedientes sancionadores, cos números que se indican, por non des

tina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

A dita infracción a instructora do expediente propón a sanción de multa de 200.000 ptas. sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permamente.

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, déase traslado ós interesados concedéndolles un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que estimen pertinentes. A presente proposta non e susceptible de recurso.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de dirección descoñecida en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 8 de xaneiro de 1999.

Rosa Gallego Neira

Xefa de área provincial da Coruña accidental

ANEXO

VP-C 8/98.

Jesús Blanco Fernández e herdeiros.

R/ Blanco Amor, 12 bloque 6, P-9, 4º D (Santiago de Compostela).