Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1999 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Ampliación de colectores e E.D.A.R. secundaria de Nigrán. (Nigrán-Pontevedra).

Adxudicatario: (U.T.E.) Arias Hermanos Construcciones, S.A. e Degremont Medio Ambiente, S.A.

Orzamento: 1.032.875.541 ptas.

Saneamento e abastecemento en Toubes e outros. (San Cristovo de Cea-Ourense).

Adxudicatario: Egosa, Asfaltos y Construcciones, S.A.

Orzamento: 17.444.000 ptas.

Colectores de saneamento no polígono industrial de San Cibrao. (San Cibrao das Viñas-Ourense).

Adxudicatario: Proyecon Galicia, S.A.

Orzamento: 49.785.000 ptas.

Saneamento nos Blancos. (Os Blancos-Ourense).

Adxudicatario: Construcciones Hermanos Carrajo, S.A.

Orzamento: 23.339.928 ptas.

Rede de sumidoiros en Albeos. (Crecente-Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones y Viales Sar, S.L.

Orzamento: 18.573.772 ptas.

E.T.A.P. e depósito en Porto do Son. (Porto do Son-A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones Sangiao, S.A.

Orzamento: 88.000.000 de ptas.

Canalización e saneamento do río Albarellos en Vilaza. (Monterrei-Ourense).

Adxudicatario: Extraco, S.A.

Orzamento: 48.105.000 ptas.

Rede de sumidoiros e abastecemento de auga en Bamio. (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra).

Adxudicatario: CRC, Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 173.385.052 ptas.

Abastecemento de auga á parroquia de Chenlo. (O Porriño-Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Crespo., S.A.

Orzamento: 89.990.000 ptas.

Renovación da E.D.A.R. e colectores e ampliación do saneamento na Pontenova (A Pontenova-Lugo).

Adxudicatario: (U.T.E.) Extraco, S.A. e Asteisa, Tratamientos de Aguas, S.A.

Orzamento: 179.725.000 ptas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 1999.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia