Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1999 pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de transporte dos alumnos da Academia Galega de Seguridade.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Academia Galega de Seguridade (AGS).

b) Número de expediente: 0004.

2. Obxecto do contrato: servicio de transporte dos alumnos da Academia Galega de Seguridade.

a) Lugar de execución: A Estrada (Pontevedra).

b) Prazo de execución: 1 de marzo ata o 30 de xuño de 1999 e desde o 4 de outubro ó 30 de novembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 3.321.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 66.420 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade.

b) Enderezo: Avda. da Cultura, s/n.

c) Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

d) Teléfono: 986 59 00 21.

e) Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, no rexistro da AGS en horario das 9 ás 14 horas ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: Avda. da Cultura, s/n.

Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

9. Apertura de ofertas económicas.

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade.

b) Enderezo: Avda. da Cultura, s/n.

c) Localidade e código postal: A Estrada-36680.

d) Data: sexto día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: once horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

A Estrada, 19 de xaneiro de 1999.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade