Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/171-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. O Barco-circunvalación.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Descricións técnicas: 3 L.M.T. aéreas a 15/20 kV en conductor LA-110. (1ª) de 145 metros, con orixe no apoio nº 40 da L.M.T. cooperativa e remate no apoio nº 4 da L.M.T.A. Proxect. desvío matadoiro. (2ª) de 128 metros, con orixe na L.M.T.S. Proxect. desvío matadoiro e remate en L.M.T.S. ó lado estación bombeo. (3ª) de 1.869 metros, con orixe na L.M.T. a Riomao e remate en apoio nº 18 da L.M.T.A. Proxect. a C.T. Viloira. 2 L.M.T. subterráneas a 15 kV en conductor R.H.V.-12/20 kV: (1ª) de 680 metros, con orixe en apoio nº 4 da L.M.T.A. Proxect. desvío matadoiro e fin no C.T. preforma existente

en estación bombeo. (2ª) de 20 metros, con orixe en apoio nº 18 da L.M.T.A. Proxect. a C.T. Viloira e fin no C.T. preforma existente Viloira.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 21 de decembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense