Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/176-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T, CT, R.B.T de Finca Méndez.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: L.M.T.subterránea a 20 kV. de 470 metros de lonxitude en conductor R.H.V-12/20 kV con orixe en cela de liña do C.T. subterráneo existente de edificio de Unión Eléctrica-Fenosa e remate en punto de conexión coa L.M.T subterránea existente a C.T. circunvalación. 2 C.T. non prefabricados proxectados subterráneos de Finca Méndez-1 e Finca Méndez-2, ambos con 630 kVA e R/T 20.000/380-220 V. 2 R.B.T. subterráneas con orixe nos anteriores C.T. de 390 e 380 metros respectivamente en conductores R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 14 de decembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense