Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 16 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de ampliación do perímetro de protección para o manancial Augas de Fontecelta en Céltigos (Sarria).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que a sociedade mercantil Fontecelta, S.A. solicitou a ampliación do perímetro de protección para o manancial Augas de Fontecelta en Céltigos (Sarria), co perímetro que vén determinado pola unión dos seguintes vértices expresados en coordenadas xeográficas.

LonxitudeLatitude

17º 24' 30''42º 51' 05''

27º 20' 25''42º 51' 05''

37º 20' 25''40º 46' 40''

47º 24' 30''42º 46' 40''

O que se fai público para que os interesados e en particular os propietarios de terreos, bens ou dereitos comprendidos no perímetro, poidan alegar no prazo de quince días canto conveña ós seus intereses.

Lugo, 16 de decembro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo