Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.045

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1999 pola que se convoca concurso de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario de Administración e servicios.

Existindo postos de traballo vacantes de persoal funcionario de administración e servicios dotados orzamentariamente adscritos ós grupos A, B, C e D, establecida a súa provisión mediante concurso e consonte o establecido no artigo 27 da Lei 4/1988,

do 26 de maio (modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril) da función pública de Galicia e no capítulo III do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aprobou o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas pola Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e nos estatutos desta universidade, aprobados por Resolución do 16 de setembro de 1993, resolveu convocar concurso de méritos para a provisión dos postos de traballo vacantes que se enumeran no anexo I desta resolución e que se desenvolverá con suxeición ás seguintes bases da convocatoria.

I. Requisitos e condicións de participación.

1. Poderán participar na presente convocatoria os funcionarios de carreira destinados na Universidade de Vigo, calquera que sexa a súa situación administrativa que, pertencendo ós corpos e escalas clasificados nos grupos ós que se refire o artigo 19 da Lei 4/1988 do 26 de maio, da función pública de Galicia, reúnan os requisitos esixidos para desenvolve-los postos ós que se opta conforme o especificado en cada caso no anexo I da presente convocatoria. Non poderá participa-lo persoal suspenso en firme, mentres dure a suspensión, nin o persoal docente e investigador ó que se refire o artigo 1.2º da antedita Lei 4/1988.

2. Os excedentes voluntarios da Universidade de Vigo dos puntos 3c, 3d e 4 do artigo 29 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública e os procedentes da situación de suspenso, acompañarán á súa solicitude declaración de non ter sido separados do servicio de calquera Administración pública, nin estar inhabilitados para o exercicio de cargo público.

3.a) Deberán tomar parte neste concurso os funcionarios destinados nesta universidade que teñan atribuído, mediante adscrición provisional, o desempeño dun posto de traballo, así como os removidos do posto de traballo obtido por concurso.

b) Os funcionarios en situación de excedencia voluntaria por interese particular e excedencia voluntaria por agrupación familiar só poderán participar se levan máis de dous anos na dita situación.

4. Tódolos requisitos, méritos e prazos establecidos referiranse á data de remate do prazo de presentación de instancias.

II. Solicitudes e documentación.

6. As solicitudes para tomar parte neste concurso, axustadas ó modelo publicado como anexo II desta resolución, deberán presentarse no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da Universidade de Vigo, nos seus rexistros delegados ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7. Os datos relativos ás circunstancias persoais e administrativas dos concursantes, así como os concernentes ós méritos que aduzan acreditaranse debidamente e deberán posuírse na data de remate do prazo de presentación de instancias.

8. Agás para o punto C da base cuarta, os méritos, requisitos e datos imprescindibles deberán ser acreditados mediante certificado expedido polo Servicio de Xestión de Persoal, que acompañará á instancia que se presente e que serán os únicos que valore a comisión regulada na base terceira.

O punto C da base cuarta, Formación, valorarase exclusivamente con base nas copias dos títulos e cursos que se deberán achegar coa solicitude.

9. Os funcionarios con algunha discapacidade poderán instar, no caso de que lles fose adxudicado algún dos postos solicitados, a adaptación de medios materiais para o desempeño do dito posto e a comisión de valoración poderá reclamarlle ó interesado que acredite suficientemente a adaptación demandada.

10. Cando dous funcionarios cónxuxes estean interesados en obter postos de traballo neste concurso nunha mesma localidade, poden condicionar na solicitude os seus pedimentos, por razóns de convivencia familiar, ó feito de que ambos os obteñan, entendéndose, no caso contrario, anulado o pedimento efectuado por cada un deles. Deberán acompaña-la súa solicitude con fotocopia do pedimento do cónxuxe.

11. No suposto de que sexan varios os postos de traballo que se soliciten, a preferencia deles virá establecida pola orde que o concursante estableza na solicitude de participación.

12. Así mesmo os funcionarios que o desexen poderán solicita-los postos que resulten vacantes a consecuencia da resolución do presente concurso, para o que deberán especificar esta circunstancia así como a preferencia de postos na súa solicitude de participación.

13. Unha vez transcorrido o período de presentación de instancias non poderá renunciarse ás solicitudes formuladas e estas serán vinculantes para o peticionario.

III. Comisión de valoración.

14. A valoración dos méritos alegados polos concursantes para a adxudicación dos postos de traballo vacantes será efectuada por unha comisión de valoración integrada por:

-Presidente: xerente da Universidade de Vigo ou funcionario en quen delegue.

-Vocais: dous funcionarios designados polo Rectorado da Universidade de Vigo.

Dous funcionarios designados pola xunta de persoal funcionario de Administración e servicios.

-Secretario: un funcionario designado polo Rectorado da Universidade de Vigo, que actuará con voz e sen voto.

Esta comisión terá a categoría primeira das previstas no Decreto 299/1990, do 24 de maio, de indemnizacións por razón do servicio. Os acordos da comisión adoptaranse por maioría dos seus membros.

15. A comisión, por unanimidade, poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores, para aquelas tarefas que o requirisen, que serán nomeados polo órgano convocante.

16. A interpretación das presentes bases e a resolución das incidencias que se presenten con ocasión da súa aplicación corresponderá á comisión de valoración.

IV. Valoración de méritos.

A valoración dos méritos para a adxudicación dos postos de traballo efectuarase conforme o seguinte baremo:

A) Antigüidade na Administración pública: valorarase ata un máximo de 3 puntos. Para estes efectos computaranse os servicios recoñecidos ó abeiro da Lei 70/1978, do 26 de decembro. Non se computarán os servicios que se prestaran simultaneamente con outros igualmente alegados.

Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de servicios 0,15 puntos.

B) Grupo de clasificación: polo grupo ó que pertence o concursante e desde o que participa no concurso outorgarase a seguinte puntuación:

Por pertencer ó grupo A: 4,00 puntos.

Por pertencer ó grupo B: 2,75 puntos.

Por pertencer ó grupo C: 1,50 puntos.

Por pertencer ó grupo D: 0,75 puntos.

Por pertencer ó grupo E: 0,25 puntos.

C) Formación: valorarase ata un máximo de 2 puntos, de acordo cos seguintes criterios:

1. Cursos de formación e perfeccionamento: ata un máximo de 1 punto.

-Valoraranse os cursos recibidos na EGAP, no INAP ou noutros centros oficiais de calquera Administración pública, así como os homologados pola EGAP, e para o persoal de bibliotecas, aqueles impartidos por centros oficiais e institucións de recoñecido prestixio.

-Non se valorarán cursos académicos completos nin por materias de forma illada.

-No caso de acreditar varios cursos sobre a mesma materia só se terá en conta o de nivel superior, e de ser do mesmo nivel, o de maior duración. De acreditarse máis dun grao de coñecemento dun idioma só se computará o superior.

-Terán carácter xeral (ademais dos que determine a comisión) os cursos de idiomas, informática, procedemento administrativo, atención ó púbico, protocolo e similares.

-Terán carácter específico os cursos que a comisión considere que están directamente relacionados coas actividades que se van desempeñar na área á que corresponde o posto solicitado.

-Non serán obxecto de valoración os cursos preparatorios ou integrantes de procesos selectivos organizados por calquera administración, nin os certificados relativos a xornadas, seminarios, simposios ou similares.

-De non figura-lo número de horas ou ter unha duración inferior a 20 horas, o curso puntuará 0,05 puntos se ten carácter xeral e 0,15 puntos se ten carácter específico.

A puntuación asignarase de acordo cos seguintes criterios:

DuraciónXeraisEspecíficos

Ata 40 horas0,15 puntos0,25 puntos

Maís de 40 horas0,30 puntos0,50 puntos

2. Titulación: por acredita-la titulación académica inmediata superior á esixida para o ingreso no grupo de clasificación de pertenza e desde o que participa o concursante, darase a seguinte puntuación:

Por posuír titulación non universitaria: 0,50 puntos.

Por posuír titulación universitaria: 1,00 punto.

D) Carreira administrativa: valorarase ata un máximo de 7 puntos.

1. Traballo desenvolvido: valorarase cun máximo de 5 puntos. Consideraranse os postos ocupados polo concursante trala adquisición da condición de funcionario de carreira con carácter definitivo ou con carácter provisional de non mediar reserva do posto do traballo, desenvolvidos nos últimos oito anos. Cada ano recibirá a seguinte puntuación, rateándose por meses os períodos inferiores ó ano (non se tomarán en consideración os períodos inferiores ó mes):

NiveisIgual área que a do

posto ó que se

aspira

Diferente área que

a do posto ó que se

aspira

29-300,650,50
27-280,620,47
25-260,590,44
23-240,560,41
21-220,530,38
19-200,500,35
17-180,470,32
15-160,440,29
13-140,410,26
11-120,380,23
10 ou inferiores0,350,20

Nas condicións previstas:

a) Os servicios prestados en administracións públicas distintas á universitaria puntuarán necesariamente na columna de diferente área.

b) Para concursar ás prazas de administradores de centros os servicios prestados en universidades puntuarán na columna de igual área.

Áreas funcionais

1. Bibliotecas, arquivos e documentación:-Dirección da biblioteca universitaria.-Subdirección da biblioteca universitaria.-Direccións das bibliotecas dos centros.-Axudantes de arquivos, bibliotecas e museos.-Xefatura de sección da biblioteca universitaria.

2. Alumnado e Administración de centros:-Servicio de alumnado.-S.I.O.P.E.-Xefaturas de Administración.-Aux. Admvos. PB destinados nos centros.-Xefatura de negociado dos centros.-Instituto Pedro Barrié de la Maza.-Sección delegada de Dereito en Vigo.

3. Económica:-S. de Contabilidade.-S. de Xestión Económica e Contratación.-S. de Control Interno.-S. de Patrimonio e Inventario.-Responsables de Asuntos Económicos.-Aux. Admvos. PB de apoio ós R.A.E.

4. Persoal:-S. de Recursos Humanos.-S. de Xestión de Persoal.

5. Servicios á Comunidade Universitaria e atención ós órganos de goberno:-Persoal restante.

Sen adscrición a área

Administradores de centros.

2. Grao persoal consolidado: valorarase ata un máximo de 2 puntos o grao persoal máis elevado que se teña consolidado.

GraoPuntos

302,00
291,90
281,80
271,70
261,60
251,50
241,40
231,30
221,20
211,10
201,00
190,90
180,80

GraoPuntos

170,70
160,60
150,50
140,40
130,30
120,20
11 e inferiores0,10

Nos supostos nos que os funcionarios nos teñan consolidado ningún grao persoal computarase, para efectos de puntuación neste punto, o nivel mínimo correspondente ó intervalo de niveis do grupo ó que pertenza o concursante na Universidade de Vigo.

E) Nivel de complemento de destino: do posto de traballo actual, desempeñado polo concursante con carácter definitivo ou con carácter provisional de non mediar reserva do posto do traballo: valorarase ata un máximo de 4 puntos.

NiveisPuntos

304
293,8
283,6
273,4
263,2
253,0
242,8
232,6
222,4
212,2
202,0
191,8
181,6
171,4
161,2
151,0
14 ou inferior0,6

V. Resolución do concurso.

17. Os postos serán adxudicados ó candidato que obtivese a maior puntuación segundo o baremo establecido na base cuarta. En caso de igualdade na puntuación total entre candidatos, dirimirase a prol do que obtivera a maior puntuación segundo a seguinte orde dos méritos: carreira administrativa, grupo de clasificación, nivel de complemento de destino, antigüidade e formación. De persisti-lo empate, acudirase á data de ingreso na Administración como funcionario de carreira.

18. Os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que con anterioridade ó remate do prazo de toma de posesión se obteña outro destino mediante convocatoria pública.

Os traslados que se deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios, polo que non darán dereito a ningún tipo de indemnización.

19. A comisión de valoración fará pública a proposta provisional de adxudicación dos destinos no taboleiro de anuncios do rectorado, no edificio Fundición, na unidade administrativa do campus de

Ourense e na E.U.E.T. Forestal de Pontevedra, establecéndose un prazo de 10 días naturais a partir do seguinte ó da publicación, para vista do expediente e formulación de reclamacións perante o presidente da comisión de valoración.

20. Resoltas pola comisión de valoración as posibles reclamacións presentadas contra a proposta provisional, o seu presidente elevará proposta definitiva de resolución do concurso o rector, que ordenará a súa publicación nos lugares previstos na base anterior.

21. O concurso resolverase mediante resolución rectoral no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó de remate do prazo de presentación de solicitudes.

22. O prazo de toma de posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia e dun mes, se comporta cambio de residencia ou o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ó de cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución do concurso.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a devandita publicación.

23. De transcorreren máis de dous meses desde a data de remate do prazo de presentación de solicitudes sen que se resolvese o concurso, os efectos económico-administrativos das tomas de posesión retrotraeranse ó día seguinte ó que conclúa o prazo previsto na base vixésimo primeira.

24. A presente convocatoria e os actos derivados dela poderán ser impugnados de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 22 de xaneiro de 1999.

Domingo Docampo Docampo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO I

Relación de vacantes do concurso 1/1999

POSTODENOMINACIÓNDESTINOGRUPONIVEL C.D.ÁREA

01XEFE DO SERVICIO XURÍDICOASESORÍA XURÍDICA-VIGOA(1)285

02XEFE DO SERVICIO DE CONTABILIDADE, ORZAMENTOS, TESOURERÍA E NÓMINASS. DE CONTABILIDADE, ORZAMENTOS, TESOURERÍA E NÓMINAS-VIGOA/B283

03XEFE DO SERVICIO DE RECURSOS HUMANOS E PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLOS. DE RECURSOS HUMANOS E PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO-VIGOA/B284

04DIRECCIÓN DA BIBLIOTECA UNIVERSITARIABIBLIOTECA UNIVERSITARIA-VIGOA(2)281

05SUBDIRECCIÓN DA BIBLIOTECA UNIVERSITARIABIBLIOTECA UNIVERSITARIA-VIGOA(2)261

06ADMINISTRADOR DE CENTROS (ETSE. INDUSTRIAIS E MINAS-ETSE.TELECOMUNICACIÓN)CAMPUS VIGOA/B26

07ADMINISTRADOR DE CENTROS (FACULTADE DE CIENCIAS)CAMPUS VIGOA/B26

08ADMINISTRADOR DE CENTROS (FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS-FACULTADE DE HUMANIDADES)CAMPUS VIGOA/B26

09ADMINISTRADOR DE CENTROSCAMPUS OURENSEA/B26

10ADMINISTRADOR DE CENTROSCAMPUS PONTEVEDRAA/B26

11XEFE DA SECCIÓN DE ASUNTOS CONSULTIVOSASESORÍA XURÍDICA-VIGOA/B(1)255

12XEFE DE ADMINISTRACIÓNFACULTADE DE CIENCIAS-OURENSEB/C222

13RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOSUNIDADE DE APOIO Á XERENCIA-VIGOC/D203

14AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS VIGOB(3)201

15AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS VIGOB(3)201

16AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS VIGOB(3)201

17AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS VIGOB(3)201

18AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS VIGOB(3)201

19AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS OURENSEB(3)201

20AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS PONTEVEDRAB(3)201

21AXUDANTE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOSCAMPUS PONTEVEDRAB(3)201

22RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOSVIC. DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA-VIGOC/D183

23RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOS CACTI, OFICINA I+D e INFORMÁTICAVIC. DE INVESTIGACIÓN-VIGOC/D183

24RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOS DOS SERVICIOS CENTRAIS NO CAMPUSUNIDADE DE APOIO Á XERENCIA-VIGOC/D183

25RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOSFACULTADE DE CIENCIAS-VIGOC/D183

26RESPONSABLE DE ASUNTOS ECONÓMICOSFACULTADE DE CIENCIAS-OURENSEC/D183

27XEFE DO NEGOCIADO DE DEPORTESVIC. EXTENSIÓN UNIVERSITARIA-VIGOC/D185

28XEFE DO NEGOCIADO DE PUBLICACIÓNSVIC. DE ORGANIZACIÓN ACADÉMICA-VIGOC/D185

29XEFE DO NEGOCIADO DE APOIO Á SECRETARÍA XERALSECRETARÍA XERAL-VIGOC/D185

30XEFE DO NEGOCIADO DE REXISTRO DO CAMPUS AS LAGOAS-MARCOSENDESECRETARÍA XERAL-VIGOC/D185

31XEFE DO NEGOCIADO DOUTRAS BOLSASS. DE ALUMNADO-VIGOC/D182

32XEFE DO NEGOCIADO DE PAGAMENTOSS. DE CONTABILIDADE-VIGOC/D183

33XEFE DO NEGOCIADO DE FISCALIZACIÓNS. DE CONTROL INTERNO-VIGOC/D183

34XEFE DO NEGOCIADO DE ATENCIÓN Ó ALUMNOS. DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN DO ESTUDIANTE-VIGOC/D182

POSTODENOMINACIÓNDESTINOGRUPONIVEL C.D.ÁREA

35XEFE DO NEGOCIADO DE XESTIÓN DE EMPREGOS. DE RECURSOS HUMANOS E PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO-VIGOC/D184

36XEFE DO NEGOCIADO DE CONTRATACIÓN, OBRAS E ASISTENCIASS. DE XESTIÓN ECONÓMICA-VIGOC/D183

37XEFE DO NEGOCIADO DE CONTRATACIÓN E XESTIÓN DE SERVICIOS E MANTEMENTOS. DE XESTIÓN ECONÓMICA-VIGOC/D183

38XEFE DE NEGOCIADOFACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS-VIGOC/D182

39XEFE DE NEGOCIADOINSTITUTO ELECTRÓNICA APLICADA PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA-VIGOC/D182

40XEFE DE NEGOCIADOSECCIÓN DELEGADA DE DEREITO-VIGOC/D182

41XEFE DO NEGOCIADO DE REXISTRO E INFORMACIÓNSECRETARÍA XERAL-CAMPUS PONTEVEDRAC/D185

42XEFE DE NEGOCIADOE.U. FISIOTERAPIA-PONTEVEDRAC/D182

43SECRETARÍA DE DEPARTAMENTODEPARTAMENTOS C01-C03-VIGOC/D165

44SECRETARÍA DE DEPARTAMENTODEPARTAMENTOS C02-C04-VIGOC/D165

45SECRETARÍA DE DEPARTAMENTODEPARTAMENTOS C05-C06-VIGOC/D165

46SECRETARÍA DE DEPARTAMENTODEPARTAMENTOS C07-T04-VIGOC/D165

47SECRETARÍA DE DEPARTAMENTODEPARTAMENTOS C08-C09-VIGOC/D165

48SECRETARÍA DE DEPARTAMENTODEPARTAMENTOS HO2-H06-VIGOC/D165

49SECRETARÍA DE DEPARTAMENTODEPARTAMENTOS H03-H04-VIGOC/D165

50SECRETARÍA DE DEPARTAMENTODEPARTAMENTOS T01-VIGOC/D165

51SECRETARÍA DE DEPARTAMENTODEPARTAMENTOS T03-T05-VIGOC/D165

52SECRETARÍA DE DEPARTAMENTODEPARTAMENTOS T08-T11-VIGOC/D165

53SECRETARÍA DE DEPARTAMENTODEPARTAMENTOS T10-VIGOC/D165

54SECRETARÍA DE DEPARTAMENTODEPARTAMENTOS T12-VIGOC/D165

55SECRETARÍA DE DEPARTAMENTODEPARTAMENTOS X02-X03-VIGOC/D165

56SECRETARÍA DE DEPARTAMENTODEPARTAMENTOS X06-VIGOC/D165

57SECRETARÍA DE DEPARTAMENTODEPARTAMENTOS X07-VIGOC/D165

58SECRETARÍA DE DEPARTAMENTODEPARTAMENTOS X08-X11-VIGOC/D165

59SECRETARÍA DE DEPARTAMENTODEPARTAMENTOS X09-VIGOC/D165

60SECRETARÍA DE DEPARTAMENTODEPARTAMENTOS T06-PONTEVEDRAC/D165

61AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEVIC. EXTENSIÓN UNIVERSITARIA-VIGOD145

62AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEVIC. DE INVESTIGACIÓN-VIGOD145

63AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEVIC. DE INVESTIGACIÓN-VIGOD145

64AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEVIC. DE INVESTIGACIÓN-VIGOD145

65AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEVIC. DE INVESTIGACIÓN-VIGOD145

66AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEVIC. DE ORGANIZACIÓN ACADÉMICA-VIGOD145

67AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEVIC. DE ORGANIZACIÓN ACADÉMICA-VIGOD145

68AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEVIC. DE PLANIFICACIÓN-VIGOD145

69AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEVIC. DE PROFESORADO-VIGOD145

70AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASESECRETARÍA XERAL-VIGOD145

71AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASESECRETARÍA XERAL-VIGOD145

72AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASESECRETARÍA XERAL-VIGOD145

73AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEASESORÍA XURÍDICA-VIGOD145

74AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEXERENCIA-VIGOD145

75AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEUNIDADE DE APOIO Á XERENCIA-VIGOD145

76AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE ALUMNADO-VIGOD142

77AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE ALUMNADO-VIGOD142

78AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE ALUMNADO-VIGOD142

79AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE ALUMNADO-VIGOD142

80AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE ALUMNADO-VIGOD142

81AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE ALUMNADO-VIGOD142

82AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE ALUMNADO-VIGOD142

83AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE ALUMNADO-VIGOD142

84AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE ALUMNADO-VIGOD142

85AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE ALUMNADO-VIGOD142

86AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE ALUMNADO-VIGOD142

87AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE ALUMNADO-VIGOD142

88AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE CONTABILIDADE-VIGOD143

89AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE CONTABILIDADE-VIGOD143

90AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE CONTABILIDADE-VIGOD143

91AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE CONTABILIDADE-VIGOD143

92AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE CONTABILIDADE-VIGOD143

93AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE CONTABILIDADE-VIGOD143

94AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE CONTROL INTERNO-VIGOD143

95AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE CONTROL INTERNO-VIGOD143

96AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE PATRIMONIO E INVENTARIO-VIGOD143

97AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE RECURSOS HUMANOS E PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO-VIGOD144

98AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE RECURSOS HUMANOS E PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO-VIGOD144

POSTODENOMINACIÓNDESTINOGRUPONIVEL C.D.ÁREA

99AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE RECURSOS HUMANOS E PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO-VIGOD144

100AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE XESTIÓN DE PERSOAL, NÓMINAS E SEGUROS SOCIAIS-VIGOD144

101AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE XESTIÓN ECONÓMICA-VIGOD143

102AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE XESTIÓN ECONÓMICA-VIGOD143

103AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEE.T.S.E. INDUSTRIAIS E MINAS-VIGOD142

104AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEE.T.S.E. INDUSTRIAIS E MINAS-VIGOD143

105AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEE.T.S.E. TELECOMUNICACIÓN-VIGOD142

106AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEE.T.S.E. TELECOMUNICACIÓN-VIGOD142

107AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEE.T.S.E. TELECOMUNICACIÓN-VIGOD143

108AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEFACULTADE DE CIENCIAS-VIGOD143

109AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEFACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS-VIGOD142

110AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEFACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS-VIGOD142

111AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEFACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS-VIGOD142

112AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEFACULTADE DE HUMANIDADES-VIGOD142

113AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEINSTITUTO DE ELECTRÓNICA APLICADA PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA-VIGOD142

114AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASESECCIÓN DELEGADA DA FACULTADE DE DEREITO-VIGOD142

115AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEE.U.E. EMPRESARIAIS-OURENSED142

116AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEE.U.F. PROFESORADO EXB-OURENSED142

117AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEE.U.F. PROFESORADO EXB-OURENSED142

118AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEFACULTADE DE DEREITO-OURENSED142

119AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASES. DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN DO ESTUDIANTE-PONTEVEDRAD142

120AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEE.U.E.T. FORESTAL-PONTEVEDRAD142

121AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEE.U.F. PROFESORADO EXB-PONTEVEDRAD142

122AUXILIAR ADMINISTRATIVO. POSTO BASEFACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS-PONTEVEDRAD142

Relación de departamentos

CódigoDepartamentoSede

C01Bioloxía Funcional e Ciencias da SaúdeCiencias. Vigo

C02Bioloxía Vexetal e Ciencias do SoloCiencias. Vigo

C03Bioquímica, Xenética e InmunoloxíaCiencias. Vigo

C04Ecoloxía e Bioloxía AnimalCiencias. Vigo

C05Estatística e Investigación OperativaCC.EE. e EE. Vigo

C06MatemáticasCC.EE. e EE. Vigo

C07Química Analítica e AlimentariaCiencias. Vigo

C08Química Física e Química OrgánicaCiencias. Vigo

C09Química InorgánicaCiencias. Vigo

C10Xeociencias Mariñas e Ordenación do TerritorioCiencias. Vigo

H01Expresión ArtísticaBelas Artes. Pontevedra

H02Filoloxía EspañolaHumanidades. Vigo

H03Filoloxía Galega e LatinaHumanidades. Vigo

H04Filoloxía Inglesa, Francesa e AlemanaHumanidades. Vigo

H05Historia, Arte e XeografíaHumanidades. Ourense

H06Traducción, Lingüística e Teoría da LiteraturaHumanidades. Vigo

T01Deseño na EnxeñeríaEUET Industrial. Vigo

T02Enxeñería EléctricaETSE Industriais. Vigo

T03Enxeñería Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e FluídosETSE Industriais. Vigo

T04Enxeñería QuímicaCiencias. Vigo

CódigoDepartamentoSede

T05Enxeñería dos Materiais, Mecánica Aplicada e ConstrucciónETSE Industriais. Vigo

T06Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio AmbienteEUET. Forestal. Pontevedra

T07Enxeñería de Sistemas e AutomáticaETSE Industriais. Vigo

T08Física AplicadaETSE Industriais. Vigo

T09Linguaxes e Sistemas InformáticosCiencias. Vigo

T10Matemática AplicadaETSE Telecomunicación. Vigo

T11Tecnoloxía ElectrónicaETSE Industriais. Vigo

T12Tecnoloxía das ComunicaciónsETSE Telecomunicación. Vigo

X01Análise e Intervención PsicosocioeducativaHumanidades. Ourense

X02Dereito PrivadoCC.EE. e EE. Vigo

X03Dereito PúblicoCC.EE. e EE. Vigo

X04Didáctica, Organización Escolar e Métodos de InvestigaciónEUF Profesorado EXB. Ourense

X05Didácticas EspeciaisEUF Profesorado EXB. Ourense

X06Economía AplicadaCC.EE. e EE. Vigo

X07Economía Financeira e ContabilidadeCC.EE. e EE. Vigo

X08Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións EconómicasCC.EE. e EE. Vigo

X09Organización de Empresas e MarkétingCC.EE. e EE. Vigo

X10Psicoloxía Evolutiva e ComunicaciónHumanidades. Ourense

X11Socioloxía,Ciencia Política e da Administración e FilosofíaCC.EE. e EE. Vigo