Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.045

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1999 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de ecoloxía, do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, a Emilio Marañón Sáinz (praza 104/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 5 de decembro de 1997 (BOE do 19 de decembro), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ecoloxía, do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, a prol de Emilio Marañón Sainz, con documento nacional de identidade número 13.926.391, e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Emilio Marañón Sainz profesor titular de universidade da área de coñecemento de ecoloxía, do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión do interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado

Vigo, 7 de xaneiro de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo