Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.024

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 24 de novembro de 1998 pola que se determinan as festas locais nas que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 1999.

Advertido erro na orde publicada no DOG nº 233 do 1 de decembro de 1998, cómpre face-la seguinte rectificación:

Na páxina 12.852, no punto primeiro, onde di: «Concello de Barbadás (Ourense) 3 de maio e 11 de novembro», debe dicir: «Concello de Barbadás (Ourense) 16 de febreiro e 11 de novembro».