Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.023

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de xaneiro de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

O artigo 4, parágrafo segundo do Decreto 210/1989, do 5 de outubro (DOG nº 203, do 23) e o artigo 7, parágrafo segundo do Decreto 325/1996, do 26 de xullo (DOG nº 136, do 9 de agosto) regulan a forma de provisión dos postos de director do Centro Galego de Artes da Imaxe e do Centro Galego de Arte Contemporánea, respectivamente.

O Decreto 225/1998, do 17 de xullo (DOG nº 147, do 31) polo que se modifica o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, crea o Servicio de Vixilancia e Inspección do Patrimonio na Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de xaneiro de mil novecentos noventa e nove,

ACORDA:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 21 de xaneiro de 1999, relativo á modificación da relación de postos de tra-

ballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1999.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Consellería de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

Na relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo publicada no DOG nº 252, do 27 de decembro de 1996, na páxina 11.863 realízanse as seguintes modificacións:

Persoal funcionario.

Supresións:

-No centro de destino «DIRECCIÓN XERAL DO PATRIMONIO CULTURAL», suprímese o posto «CU.C04.00.000.15770.006. POSTO BASE GRUPO A».

-No centro de destino «CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA (CGAC)» suprímese o posto con código «CU.C04.00.003.15770.001. DIRECTOR».

Modificacións:

-No centro de destino «S.X. DO INSTITUTO DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS», no posto «CU.C04.00.002.15770.001. SUBDIRECTOR XERAL DO ICRBC», na columna «Formación específica» suprímese «959».

Creacións:

-No centro de destino «S.X. DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL», créase o seguinte posto de traballo:

Código do posto: «CU.C04.00.001.15770.044».

Denominación: «XEFE DO SERVICIO DE VIXILANCIA E INSPECCIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL».

Vacante: «SI».

Nivel: «28».

Complemento específico: «1.703.640».

Tipo posto: «S».

Forma de provisión: «LD».

Grupo: «AB».

Corpo/escala: «XERAL/ESPECIAL».

Supresións:

-Na páxina 11.871, no centro de destino «CGAI (A CORUÑA)», suprímese o posto co código «CU.C99.40.801.15001.001. DIRECTOR DO CENTRO GALEGO DE ARTES DA IMAXE».