Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.022

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de xaneiro de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

A necesidade de adapta-lo vixente cadro de persoal da Academia Galega de Seguridade á estructura orgánica establecida no Decreto 23/1993, do 11 de febreiro (DOG nº 31, do 16 de febreiro), así como á nova localización da Academia na Estrada, fan necesario aprobar unha nova relación de postos de traballo da Academia Galega de Seguridade.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de xaneiro de mil novecentos noventa e nove,

ACORDA:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, nos termos que se sinalan no anexo.

2. Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3. Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

XU. A01.00.000.36170.001Secretario/a director/a xeralArtigo 6 da Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro).

Posto de confianza.

XU.A01.00.000.36170.021Sección HabilitaciónPosto de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de xaneiro de mil novecentos noventa e nove, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, coa finalidade de cumprir este acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1999.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública