Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.011

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de xaneiro de 1999, polo que se aproba a nova relación de postos de traballo da Consellería de Industria e Comercio.

A modificación da estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio efectuada polo Decreto 99/1998, do 26 de marzo (DOG nº 63, do 2 de abril) fai necesario aprobar unha nova relación de postos de traballo da Consellería de Industria e Comercio.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Industria e Comercio, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de xaneiro de mil novecentos noventa e nove,

ACORDA:

1. Aproba-la relación de postos de traballo do persoal funcionario e laboral da Consellería de Industria e Comercio.

2. Ordena-la publicación da dita relación de postos de traballo no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3. Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

IC.C01.00.000.15770.001

IC.C02.00.000.15770.001

IC.C03.00.000.15770.001

IC.C04.00.000.15770.001

IC.C05.00.000.15770.001

IC.C99.10.000.15001.001

IC.C99.10.000.27001.001

IC.C99.10.000.32001.001

IC.C99.10.000.36001.001

Secretario/a conselleiro

Secretario/a director xeral

Secretario/a director xeral

Secretario/a director xeral

Secretario/a director xeral

Secretario delegado

Secretario delegado

Secretario delegado

Secretario delegado

Artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro).

Postos de confianza.

IC.A01.00.000.15770.054

IC.C02.00.000.15770.011

IC.C02.00.001.15770.015

IC.C99.10.000.15001.219

IC.C99.10.000.27001.111

IC.C99.10.000.32001.107

IC.C99.10.000.36001.107

Sección Habilitación

Xefe/a Negociado Habilitación e Gastos Correntes

Xefe/a Sección Habilitación Persoal

Xefe/a Negociado Habilitación

Xefe/a Negociado Habilitación

Xefe/a Negociado Habilitación

Xefe/a Negociado Habilitación

Postos de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

4. Deixar sen efecto as relacións de postos de traballo da Consellería de Industria e Comercio aprobadas con anterioridade.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de xaneiro de mil novecentos noventa e nove, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Industria e Comercio, coa finalidade de cumprir dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1999.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública