Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 1999 Páx. 1.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOBEIRA

ANUNCIO.

De conformidade co preceptuado no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e acordo plenario con data do 18 de novembro de 1998, exponse ó público, por prazo dun mes, o avance do proxecto de ordenación do medio rural do concello de Lobeira, redactado polo equipo Diagrama Ingeniería de Ourense, co obxecto de que as entidades e particulares poidan suxeri-lo que coiden oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes.

Lobeira, 30 de novembro de 1998.

Emilio Higuero Cardoso

Alcalde-presidente