Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 1999 Páx. 1.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-325).

O Concello Pleno, na sesión celebrada o día 28 de novembro do 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle na parcela sita na rúa do Patín,

en Perillo, tramitado por Urbanizaciones Sta. Cristina, S.L.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais, prazo no que se poderán presentalas alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 23 de decembro do 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa- presidenta

53