Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 1999 Páx. 1.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1999 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria para a contratación da subministración que máis abaixo se indica.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 41/98.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: rede de comunicacións da E.T.S. de enxeñeiros de telecomunicacións.

b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas no prego de cláusulas.

c) División por lotes e número:

d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato.

e) Prazo de entrega: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 6.000.000 de ptas., IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 2% do importe de licitación. Definitiva: 4% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo-Serv. de Xest. Económ. e Contratación.

b) Domicilio: r/ Areal nº 46-2º planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 71.

e) Telefax: 986 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Areal nº 46-planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal nº 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo, 36201.

d) Data: o terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil.

e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 19 de xaneiro de 1999.

P.D. (Resolución 24-6-1998)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo