Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ILLA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Xestora aprobou inicialmente o plan xeral de ordenación municipal e acordou sometelo a información pública durante un mes, contado desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no xornal La Voz de Galicia. Durante este prazo pódese examina-lo expediente e documento elaborado, así como formular alegacións.

A adopción do acordo sinalado implica a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias nos termos sinalados no artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

A Illa de Arousa, 15 de xaneiro de 1999.

Juan Manuel Dios Oubiña

Presidente da Comisión Xestora