Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO.

Aprobado con carácter inicial por resolución da Alcaldía-Presidencia do 12 de decembro de 1998 o estudio de detalle de iniciativa privada presentado por Valentín Cartelle Iglesias para reaxuste de aliñacións e ordenación de volumes no soar sito na Avda. do Mazote e San Xosé, redactado polo arquitecto Vicente M. Sambade Zarzosa. Faise público ó abeiro dos artigos 34 de 44.3º da Lei 1/1997,

do 24 de marzo, do solo de Galicia e 140 do Regulamento de planeamento urbanístico:

Primeiro.-Suspéndese o outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición na zona delimitada polo estudio de detalle, polo prazo dun ano, se ben esta suspensión se extinguirá coa aprobación definitiva do estudio de detalle.

Segundo.-Sométese a información pública durante o prazo dun mes a presente aprobación inicial, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, no BOPe nun xornal dos de maior tirada da provincia, para efectos de alegacións.

Ares, 12 de decembro de 1998.

José Juan Vilasánchez Pazos

Alcalde-presidente