Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1999 pola que se anuncia concurso para a subministración de hardware e software para o programa de información en rede de centros educativos non universitarios do municipio.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.

b) Número de expediente: S98/138.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: hardware e software para o programa de información en rede de centros educativos non universitarios do municipio. b) División por lotes e número: non. c) Lugar de entrega: véxase punto 1. d) Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 315.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 6.300.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: as ofertas presentaranse ata o día 8 de marzo de 1999, finalizando ás 13 horas.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego e cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si. Ata tres solucións técnicas ou económicas.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: ver prego cláusulas administrativas regulador do concurso. c) Hora: 12 horas do día 15 de marzo de 1999.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica» «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración de hardware e software para o programa de información en rede de centros educativos non universitarios do municipio.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

1. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 14 de xaneiro de 1999.

A Coruña, 15 de xaneiro de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado