Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos

desta delegación provincial número 3110000025 de Caixa Galicia, urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectua-lo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías, 18-1º, A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non

esgota a vía administrativa cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguiente ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 16 de decembro de 1998.

P.S. (Decreto 227/1998, do 20 de xullo)

María Silvia Costoya

Secretaria provincial da Delegación Provincial

da Coruña

ANEXO

Número

expediente

Denunciado

DNI/CIF

Enderezo

Establecemento

Precepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

159/98Emilio Piedra López45.427.713Lugar de Pousa, Sta. María de Iria, PadrónClub Caribe26 e) LO 1/199228 LO 1/1992Sobreser

193/98Emilio Piedra López45.427.713Lugar de Pousa, Sta. María de Iria, PadrónClub Caribe26 e) LO 1/199228 LO 1/1992Caducidade

269/98Alberto Arias Pérez35.548.441r/ Mariño de Rivera nº 4, RibeiraPub Tempus Fugit23 o) LO 1/199228 LO 1/1992110.001 ptas.

275/98Rafael Areoso Bardanca33.272.076Rúa Nova de Abaixo, Santiago de CompostelaCafé Bar Gasteiz26 e) LO 1/199228 LO 1/199215.000 ptas.

391/98Martiento, S.L.B-15.631.377Avda. de Toques e Friol nº 37, MelideDiscoteca Estación 3526 e) LO 1/199228 LO 1/199245.000 ptas.

446/98José Mouro Pazos33.273.312Rúa do Carme nº 19-baixo, NegreiraTintín26 e) LO 1/199228 LO 1/199210.000 ptas.

525/98Ana María Rodríguez Yebra32.766.857Praia de Bastiagueiro, 2, Perillo, OleirosPub Cisco26 e) LO 1/199228 LO 1/1992100.000 ptas.