Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 966

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicos os acordos de iniciación de expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan os acordos de iniciación dictados en expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructora do expediente á xefa do Servicio de Interior, Margarita Olmo Bosco, e secretaria a Mª Ángeles San Martín Outeiral, posto base grupo B, que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A Coruña, 16 de decembro de 1998.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Delegación Provincial

da Coruña

ANEXO

Número

expediente

Denunciado

DNI/CIF

Enderezo

Establecemento

Precepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

663/98Artisane, S.C.G-15.530.223Rúa do Vilar, 23-3º, Santiago de CompostelaDiscoteca Factoría23 o) LO 1/199228 LO 1/199250.001 ata 5.000.000 de pesetas

Número

expediente

Denunciado

DNI/CIF

Enderezo

Establecemento

Precepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

672/98Artisane, S.C.G-15.530.223Rúa do Vilar, 23-3º, Santiago de CompostelaDiscoteca Factoría23 o) LO 1/199228 LO 1/199250.001 ata 5.000.000 de pesetas

695/98Artisane, S.C.G-15.530.223Rúa do Vilar, 23-3º, Santiago de CompostelaDiscoteca Factoría23 o) LO 1/199228 LO 1/199250.001 ata 5.000.000 de pesetas