Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Central Unitaria de Traballadores (CUT).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Central Unitaria de Traballadores (CUT) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poden afiliarse á devandita organización sindical tódolos traballadores e traballadoras de Galicia, tanto en activo como xubilados e desempregados, maiores de 16 anos, ben por conta allea ou autónomos; sempre que non teñan traballadores asalariados ó seu cargo e con independencia do encadramento ou sector: extractivo, da producción ou de servicios.

Asinan a acta de constitución: Xosé Manuel Romero Dávila e dúas persoas máis.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais