Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación de Submarinistas Profesionais en Apnea (ASPA).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación de Submarinistas Profesionais en Apnea (ASPA) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da asociación tódolos mergulladores profesionais en Apnea que acrediten algún documento que xustifique a súa actividade.

Asinan a acta de constitución: Jorge Pérez Roldán e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais