Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/358-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Avda. de León II.

Situación: Sanxenxo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 515 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. existente na Avda. de León, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta na Avda. de León II, rematando no C.T. de Avda. de León, concello de Sanxenxo. C.T. de 250 kVA, a relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 190 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 2 de decembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra