Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador AG-SA-67/98-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que no anexo que se menciona a proposta de resolución dictada no expediente por infracción o Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación poderá examina-lo expediente, no Servicio Técnico Xurídico sito na r/ Benito Corbal, nº 47-4ª planta, e presentar ante esta instructora as alegacións que considere convenientes.

ANEXO

Expediente: AG-SA-67/98-PO.

Denunciado: Plácido Quinteiro Blanco.

Último enderezo coñecido: Mercado nº 18, Lalín.

Feito denunciado: carecer de desinfección-desinsectación do vehículo.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 217.3º do Decreto do 4-2-1955, polo que se aproba o regulamento a Lei de epizootias do 20-12-1952.

Sanción: 10.000 ptas.

Pontevedra, 11 de decembro de 1998.

Ramona C. Fernández Álvarez

Instructora