Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Tomás A. Alonso nº 16.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 16 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. B.A.L. 725 entre os CC.TT. Peniche e Praza de Industria, rematando no C.T. que se proxecta na rúa Tomás A. Alonso nº 16, concello de Vigo. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 2 de decembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra