Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 959

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (13/1994).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fago saber que no xuízo verbal seguido neste xulgado co número 13/1994 por instancia de Walter Hugo Suárez Urbano contra Juan A. Carril Ares, Abeille Previsora, S.A. e José Luis Jiménez Hernández, cítase a Juan A. Carril Ares, Abeille Previsora, S.A. e José Luis Jiménez Hernández para que o día dous de febreiro ás 10.30 horas compareza na sala de audiencia deste xulgado co obxecto de asistir á celebración do xuízo verbal, baixo apercibimento de que de non facelo se seguirá o xuízo na súa rebeldía.

E para que sirva de citación ó demandado José Luis Jiménez Hernández, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o vintedous de decembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado