Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 952

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1998 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de programadores de informática no cadro de persoal laboral desta universidade.

Aprobada por Resolución do 10 de agosto de 1995 a oferta de emprego público de persoal de administración e servicios da Universidade da Coruña, e aprobado pola Xunta de Goberno o sistema de selección de concurso-oposición para a provisión das prazas de programadores de informática, segundo establece o artigo 111.3º dos estatutos,

Este rectorado, no uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, en relación co artigo 3.2º e) da mesma norma, así coma nos Estatutos desta universidade, aprobados por Decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17) e modificados por Decreto da Xunta de Galicia 245/1998 do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), e co obxecto de atende-las necesidades de programadores de informática,

RESOLVE:

Primeiro.-Convocar probas selectivas para cubrir 4 prazas de programadores de informática da Universidade da Coruña, distribuídas do seguinte xeito:

A) 3 programadores de apoio á xestión.

B) 1 programador de apoio á investigación.

As probas selectivas realizaranse con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

1. Solicitudes.

1.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitalo na instancia segundo

modelo que figura como anexo IV, debendo sinalar no seu punto nº 17, por cál das dúas alíneas (A ou B) se presenta, sendo posible matricularse nas dúas. Á instancia xuntarase fotocopia do documento nacional de identidade, acreditándose ademais o pagamento dos dereitos de exame na forma prevista no punto 1.2.

As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A presentación das solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade da Coruña (Edificio do Rectorado, rúa da Mestranza, s/n, C.P 15001) e Ferrol (Vicerrectorado do Campus, doutor Vázquez Cabrera, s/n, C.P. 15001), ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

1.2. Os dereitos de exame serán de 8.760 pesetas que se ingresarán, directamente ou mediante transferencia, en calquera das oficinas da Caixa Postal, na conta corrente nº 1302-1700-42-0017957982, Probas selectivas para programadores de informática, ó nome da Universidade da Coruña. A solicitude deberá ir acompañada do xustificante acreditativo do ingreso, a falta do cal determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso o pagamento suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude perante o órgano expresado no punto 1.1.

1.3. Os aspirantes que aleguen méritos na fase de concurso deberán acreditalos mediante a presentación dos documentos xustificativos orixinais ou copias compulsadas. Os servicios prestados na Universidade da Coruña acreditaranse mediante certificación expedida pola Xerencia da Universidade. A documentación acreditativa dos méritos estará referida á data de publicación no DOG da presente convocatoria, e deberá incorporarse á solicitude.

1.4. Os aspirantes que padezan algunha discapacidade poderán indicalo no recadro número 14 da solicitude e solicitar, se é o caso, as posibles adaptacións de tempos e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria, expresándoo no recadro número 15.

1.5. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fagan constar na súas solicitudes, podendo unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 1.1. para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada polo tribunal.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Para ser admitido á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir e mante-los seguintes requisitos:

a) Ser español. Non obstante, poderán participar en idénticas condicións que os españois, os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, logo de acredita-la súa nacionalidade.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder dos sesenta e cinco.

c) Estar en posesión dunha titulación de diplomado, arquitecto técnico ou enxeñeiro técnico, ou en condicións de obtela na data que remate o prazo de presentación das solicitudes. No caso da alínea B) do punto primeiro é necesario acreditar experiencia nas linguaxes FORTRAN e C, no manexo de paquetes e librerías estatísticas e aplicacións de cálculo simbólico, a través de documentación suficiente, de xeito que de non reunir tal carácter a documentación presentada, a xuízo do tribunal, o solicitante deberá someterse a unha proba específica de carácter práctico acreditativa do coñecemento requirido.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas por sentencia firme.

2.2. Tódolos requisitos deberán posuírse no momento de remata-lo prazo de presentación das solicitudes e gozar deles durante o proceso selectivo.

3. Discapacidades.

3.1. Para a realización das probas selectivas o tribunal cualificador destas establecerá, para as persoas con minusvalidez que o tivesen demandado na solicitude de admisión, as adaptacións posibles de tempos e medios.

3.2. Se no desenvolvemento do proceso selectivo se suscitasen dúbidas ó tribunal respecto á capacidade dos aspirantes con algunha discapacidade para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos traballadores da categoría de programador de informática, poderá solicita-lo correspondente dictame do órgano competente da Comunidade Autónoma.

4. Listas de admitidos e excluídos.

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, no prazo máximo de vinte días naturais, o rector da universidade dictará resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, declarando

aprobadas as listas de aspirantes admitidos e excluídos, que serán feitas públicas no taboleiro de anuncios do Rectorado da Universidade e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol, con mención expresa do nome, apelidos e documento nacional de identidade e, se é o caso, as causas de exclusión.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación da referida resolución, para corrixi-lo defecto que motivase a exclusión. Transcorrido o devandito prazo o rector dictará resolución declarando aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, contra a que os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.

4.2. O feito de figurar na lista de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 9.1 desta convocatoria.

5. Sistema selectivo.

5.1. O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición, coa valoración de méritos, exercicios e puntuacións que se especifican no anexo I.

5.2. O programa das probas da fase de oposición é o que figura como anexo II.

6. Tribunal cualificador.

6.1. O tribunal cualificador é o que figura como anexo III da presente convocatoria.

6.2. O tribunal na súa constitución, composición e funcionamento aterase ó disposto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de persoal de administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

6.3. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas no número que coide necesario.

6.4. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño).

7. Calendario das probas.

7.1. O lugar e data de comezo dos exercicios será feito público na resolución rectoral que aprobe as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos.

7.2. A duración máxima das probas selectivas será dun ano desde a data de publicación da presente convocatoria.

7.3. A orde de actuación dos aspirantes será a que determine a Dirección Xeral da Función Pública da Comunidade Autónoma para o ano en que se realice a proba.

8. Lista de aprobados.

8.1. O tribunal fará pública a valoración dos méritos da fase de concurso unha vez realizado o último exercicio da fase de oposición.

8.2. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública no Rectorado da Coruña, no Vicerrectorado do Campus de Ferrol, e no lugar ou lugares de celebración do exercicio, así como naqueloutros que coide oportuno, a puntuación obtida polos aspirantes nel, así como, de se-lo caso, a de cada unha das probas que o compoñan.

Posteriormente, o tribunal fará pública, neses mesmos lugares, as relacións dos aspirantes que superaron as probas selectivas (unha por cada unha das dúas alíneas), constituídas por aqueles opositores que, en número non superior ó das prazas convocadas en cada alínea e tendo acadado a puntuación mínima esixida para supera-los exercicios da fase de oposición, obtiveran a maior puntuación final calculada de acordo co sistema previsto no anexo I, e con indicación expresa da obtida por cada un deles. Estas listas serán confeccionadas segundo a orde de puntuación final acadada por cada aspirante e en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas en cada alínea. Os opositores que non se encontren incluídos nestas relacións terán a consideración de non ter aprobadas as probas selectivas, único extremo acerca do que o tribunal poderá certificar.

8.3. O tribunal remitiralle ó rector as relacións definitivas dos aspirantes aprobados pola orde desta puntuación final por cada alínea, con proposta de que se formalicen con eles os correspondentes contratos de traballo.

9. Presentación de documentos e formalización dos contratos.

9.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte a aquel en que se fixesen públicas as relacións definitivas de aprobados nas probas selectivas, estes deberán presentar no Servicio de Persoal da Universidade da Coruña (rúa da Mestranza, s/n) os seguintes documentos:

a) Fotocopia do DNI ou documento acreditativo equivalente de ser nacional dun estado membro da Unión Europea.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para acceder ás probas.

c) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do ser

vicio de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas. Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea deberán acreditar estes requisitos nos termos previstos na Lei 17/1993, do 23 de decembro.

d) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que imposibiliten para o servicio.

9.2. Cumpridos debidamente polos aspirantes que superaron as probas selectivas os trámites de presentación de documentos, serán contratados como programadores de informática da Universidade da Coruña.

9.3. A adxudicación de postos de traballo en cada unha das dúas alíneas efectuarase de acordo coas peticións dos interesados entre os postos ofertados a estes, segundo a orde de puntuación obtida no proceso selectivo dentro de cada alínea.

9.4. O período de proba será de seis meses, durante o que o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes ó posto de traballo que desempeñe, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso. Este período de proba non será aplicable ós aspirantes que con anterioridade desempeñasen funcións de programadores de informática na Universidade da Coruña.

Segundo.-As presentes probas selectivas axustaranse ó disposto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de persoal de administración da Comunidade Autónoma de Galicia, á Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ós estatutos desta universidade, aprobados por Decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro) e modificados por Decreto da Xunta de Galicia 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), e as bases desta convocatoria.

Terceiro.-A presente convocatoria, as súas bases, e cantos actos administrativos se deriven delas poderán ser impugnados ante a xurisdicción do contencioso-administrativa nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27).

Así mesmo, os interesados poderán interpor recurso ordinario contra os actos do tribunal cualificador das probas ante o rector da Universidade da Coruña, nos termos previstos no artigo 114 e concordantes da mencionada lei.

A Coruña, 10 de decembro de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

Programadores de informática

Procedemento de selección

Fase de oposición.

Exercicios.

A fase de oposición consistirá na realización de tres exercicios, todos eles obrigatorios.

Primeiro exercicio: consistirá en contestar un cuestionario de, alomenos, 60 preguntas con respostas múltiples, entre as que só unha será correcta, baseado no contido que para este exercicio se fixa no programa que figura na parte xeral (módulos I e II).

Os aspirantes terán un prazo de alomenos setenta e cinco minutos para a realización do exercicio e a súa valoración será de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter 2,5 puntos para ter acceso ó exercicio seguinte.

Segundo exercicio (que se realizará separadamente por cada unha das dúas alíneas): consistirá na realización de dous supostos prácticos específicos, elixidos de entre seis propostos polo tribunal relacionados coa parte específica do programa, módulos III e IV (asinantes da alínea A) e módulos III e V (asinantes da alínea B).

Os aspirantes terán un prazo de alomenos dúas horas para resolve-los supostos.

A cualificación do exercicio será de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter cinco puntos para ter acceso ó seguinte exercicio.

Terceiro exercicio: consistirá na traducción, sen diccionario, de dous textos propostos polo tribunal, un do galego ó español e outro do español ó galego e a súa valoración será de 0 a 10 puntos. Este exercicio non terá carácter eliminatorio.

B) Valoración da fase de oposición.

A cualificación final da fase de oposición obterase da seguinte forma:

(0,3xnota 1º Exerc.+0,6xnota 2º Exerc.+0,1xnota 3º Exerc.)x6, polo que terá un valor máximo de 60 puntos.

Fase de concurso.

Nesta fase valóranse, ata un máximo de 40 puntos, os seguintes méritos:

a) Os servicios prestados na Universidade da Coruña como persoal contratado laboral non permanente na categoría de programador, a razón de 0,55 puntos por cada mes completo ou fracción, ata un máximo de 30 puntos.

b) Cursos impartidos por organismos públicos ou empresas de prestixio recoñecido relacionados con temas do programa específico, ata un máximo de 10 puntos.

-Cursos de máis de vinte horas: 2 puntos.

-Cursos entre dez e vinte horas: 1 punto.

Sistema de puntuación.

A cualificación final das probas, que como máximo será de 100 puntos, virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e concurso. En caso de empate dentro de cada alínea, a orde establecerase atendendo á maior puntuación obtida na fase de concurso, se isto non fora suficiente á maior puntuación obtida no segundo exercicio, se isto non fora suficiente no primeiro exercicio. Se persistise o empate, este dirimiríase pola orde alfabética do primeiro apelido dos aspirantes empatados, iniciándose a antedita orde pola letra á que se refire a base 7.3 da presente convocatoria.

ANEXO II

Programadores de informática

Programa das probas

Módulo I.-Lexislación universitaria e informática.

1. A Universidade da Coruña. Estructura. Órganos de Goberno.

Centros, departamentos, institutos, servicios. Rector, vicerrectores, secretario xeral, xerente, decanos, directores, outros órganos unipersoais. Órganos colexiados: Consello Social, Claustro, Xunta de Goberno, Xuntas de Centro, Consellos de Departamento e Institutos.

2. O persoal docente e investigador na Universidade da Coruña.

Clases e réxime xurídico do profesorado universitario.

3. O persoal de administración e servicios na Universidade da Coruña.

Clases e réxime xurídico do persoal de administración e servicios.

4. O estudio e a investigación na Universidade da Coruña.

Estudios de 1º e 2º ciclo. Estudios de doutoramento e posgrao. A organización da investigación. Contratos, convenios e cursos de especialización.

5. Informática e lexislación.

Dereito á intimidade. Lei orgánica de regulación do tratamento automatizado de datos (LORTAD). Disposicións, principios e dereitos. A Axencia de Protección de Datos. A protección xurídica do software.

Módulo II.-Informática básica.

1. Estructura de datos e da información.

Sistemas de numeración. Sistemas de codificación. Estructura de datos. Representacións redundantes: corrección de erros. Compactación da información.

2. Arquitectura de computadores.

Concepto de computador. Computadores analóxicos. Computadores dixitais. Desenvolvemento histórico das máquinas analóxicas. Unidade central de proceso. Sistemas de entrada/saída.

3. Loxical de base.

Historia dos sistemas operativos. Conceptos fundamentais. Estructura dos sistemas operativos. Deseño e implementación de sistemas operativos. Procesos. Xestión da memoria. Xestión do sistema de arquivos. Xestión do sistema de entrada/saída. Multiprocesadores e sistemas distribuídos.

4. Programación.

Metodoloxía da programación. Estructuras básicas de programación. Tipos de datos. Funcións e procedementos. Manexo de ficheiros. Listas, pilas e colas. Árbores. Buscas. Punteiros. Recursividade.

5. Bases de datos.

Obxectivos dos sistemas xestores de bases de datos. Modelos físicos e lógicos. Modelo entidade relación. Modelo relacional. Deseño de bases de datos relacionais. Xeración e optimización de consultas. Control de concorrencia. Transaccións e integridade dos datos.

6. Comunicacións. Tecnoloxías da transmisión.

Medios de transmisión. Transmisión asíncrona e síncrona. Conmutación de circuítos e paquetes. Control do fluxo. Detección e control de erros. Protocolos e topoloxías de rede. Tipos de redes: LAN, MAN, WAN.

7. Enxeñería do software.

Fases de desenvolvemento de sistemas de información. Metodoloxía e ciclos de vida. Estudio de viabilidade. Planificación dun proxecto software. Definición e análise de requisitos. Deseño. Implementación. Verificación e validación. Entrega e mantemento.

8. Compiladores.

Introducción, análise léxica. Análise sintáctica e verificación de tipos. Xeración de códigos e optimización.

Módulo III.-Parte específica.

1. Metodoloxía da programación.

Linguaxes de programación. Linguaxes imperativas. Linguaxes procedementais. Programación funcional. Deseño de programas. Descomposición modular. Técnicas de estructuración. Xerarquización de decisións e operacións.

2. Tecnoloxía da programación.

Técnicas de verificación e proba de programas. Xeradores. Programas de interface de aplicacións.

Migracións e conversións. Ferramentas para a investigación da lóxica de programas. Reinxeñería de código.

3. Implantación e mantemento de programas.

Plan de implantación. A proba e posta a punto de programas. O caderno de instalación. Clases de mantemento. Documentación. Depuración.

4. Programación en linguaxe C e Delphi.

Conceptos. Operadores. Estructura dun programa. Entrada e saída de datos. Sentencias de control. Punteiros, programación orientada a obxectos.

5. Sistema operativo UNIX.

Historia e fundamentos do sistema operativo Unix. Administración. Configuración. Monitorización. Axentes de usuario de correo electrónico. Rede. TCP/IP. Contornos de ventás.

6. Sistema operativo Windows.

Xestión de ficheiros. Tarefas. Xestión de usuarios. Configuración e mantemento Hardware. Instalación e configuración de protocolos de rede.

7. Interfaces gráficos.

O estándar Xwindows. Xeneralidades. Métodos de login: XDM. Programación en Xwindows, Xlib, Xtoolkit, widget sets.

8. Multimedia.

Conceptos xerais de multimedia. Manipulación de ficheiros multimedia. JAVA.

9. Estructura en capas de protocolos de rede.

TCP/IP: historia e evolución. Direccionamento. Configuración.

10. Sistemas abertos.

Historia e conceptos xerais. Estructura da rede Internet. Conexión remota. Protocolo de transferencia de ficheiros (FTP). TFTP. NFS. WWW. Correo electrónico.

11. Seguridade en Internet e Intranet.

Conceptos xerais. Xestión de usuarios. Xestión do sistema de ficheiros. Niveis de seguridade RAID. Copias de seguridade (Backups). «Quotas», «logs» e «Accouting». Virus informáticos. Seguridade en servidores baseados en TCP/IP.

Módulo IV.-Apoio á xestión.

1. Sistemas xestor de bases de datos.

Informix. Oracle. Arquitectura. Obxecto das bases de datos. Linguaxes procedementais. Desenvolvemento de aplicacións. Configuración cliente/servidor. Seguridade.

2. Xestión de bases de datos documentais e bibliográficas.

Estructura funcional básica do sistema de información informático dunha biblioteca. Sistemas de recuperación de información. Sistema integrado de xestión bibliotecaria.

3. Paquetes informáticos integrados.

Compoñentes. Aplicacións e funcionamento.

4. Informática de apoio á xestión.

Xestión automatizada de persoal. Automatización da xestión orzamentaria. Xestión automatizada da xestión académica.

Módulo V.-Apoio á investigación.

1. Procesamento vectorial e paralelo.

Conceptos de paralelización e vectorización. Arquitecturas paralelas e vectoriais. FORTRAN 90/VP. C/VP.

2. Servicios avanzados de rede. Configuración e mantemento.

Servidores de noticias «News». Servicios de IP Multicast «Mbone». Servidores de Proxy Cache. Certificación e encriptación de comunicacións. Servicios de directorio «X500».

3. Programación en contorno UNIX.

Programación básica. Manexo do contorno. Control de procesos. Linguaxes de comandos.

4. Tratamento estatístico de datos.

Cálculo simbólico. Estatística computacional. Gráficos por computador. Investigación operativa. Métodos numéricos.

ANEXO III

Programadores de informática

Tribunal cualificador

Titulares.

Presidente: José Luis Meilán Gil, rector da Universidade da Coruña.

Vocais: Alejandro Pazos Sierra, profesor titular da Universidade da Coruña; Juan Ares Casal, profesor titular da Universidade da Coruña; Enrique Pena Pérez, representante dos traballadores; José Manuel Portela Fernández, representante dos traballadores.

Suplentes.

Presidente: Rosa Mª Fernández Esteller, vicerrectora de Ordenación e Planificación Académica da Universidade da Coruña.

Vocais: Bernardino Arcay Varela, profesor titular da Universidade da Coruña; Rafael García Vázquez, profesor titular da Universidade da Coruña; Antonio Ventura Novás, representante dos traballadores.