Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/238-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Celga, S.L.

Domicilio social: polígono industrial A Ran, 36670 Cuntis.

Denominación: central de coxeración no polígono industrial A Ran.

Situación: Cuntis.

Descricións técnicas: central de coxeración composta dun grupo motoxerador de 1.000 kVA. Transformador de 1.250 kVA. Equipo de control, regulación, protección e ensamblaxe. Equipo recuperación calor gases. Depósito almacenamento combus

tible de 20.000 litros. No polígono industrial A Ran, concello de Cuntis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 7 de outubro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra